Cartel de Juventud de Galicia anunciando os festivais organizados no mes de febreiro de 1959 a cargo da orquestra Compostela.
Xuventude de Galicia. Centro Galego de LisboaCartel para informar aos socios e socias do Paseo fluvial a bordo do vapor Lisbonense organizado pola entidade no que haberá un baile amenizado pola orquestra Costa Rica. Terá lugar o 18 de xullo de 1957.
Xuventude de Galicia. Centro Galego de LisboaCartel para informar aos socios e socias dun paseo fluvial a bordo do vapor Lisbonense organizado pola entidade no que haberá un baile amenizado pola orquestra Costa Rica. Terá lugar o 6 de xullo de 1956.
Xuventude de Galicia. Centro Galego de LisboaPrograma das actividades organizadas pola entidade para celebrar o Entroido dese ano.
Xuventude de Galicia. Centro Galego de LisboaCarteis da montaxe audiovisual "Historia de Galicia" organizada pola Irmandade Galega na Suiza e Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego, conservados en formato papel:
- Tamaño 300 x 214 mm
- Tamaño 423 x 300 mm
Cartaz deseñado polo Coro Universitario Galego de Barcelona para buscar novas voces, conservado en formato papel.
Coro Universitario Galego de BarcelonaCartaz que reza: "Falemos galego. Loitemos pra unha escola en galego!, conservado en formato papel.
Grupo Galego de AarauCartaz do programa de radio Galiza sempre, organizado por Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego, conservado en formato papel.
Galicia Hoxe Grupo Cultural GalegoCartaz do I certame de narrativa Rosa Reboredo celebrado pola Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro en 2004, conservado en formato papel.
Asociación Cultural Gallega Rosalía de CastroCartaz da montaxe audiovisual "Historia de Galicia" organizada pola Irmandade Galega O Pote Zurich e Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego, conservado en formato papel.
Irmandade Galega O PoteCartaz do desfile organizado pola Casa de Galicia de Santurce, conservado en formato papel.
Casa de Galicia en SanturceCartaz das actividades organizadas polo Centro Benéfico Social "Hijos de La Estrada" con motivo das Festas do seu Patrono, San Paio, do 28/06 ao 03/07 de 1994 (476 x 310 mm), conservado en formato papel.
Centro Benéfico Social Hijos de La EstradaCartaz da conferencia-debate de Margarita Ledo Andión, Directora de A Nosa Terra, titulada "Galicia ante el Estatuto", organizada coa colaboración de Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego, conservado en formato papel.
Galicia Hoxe Grupo Cultural GalegoCartas sobre a Revista "Vieiros", editada polo "Padroado da Cultura Galega de México", conservadas en formato papel (fotocopias):
- Carta informando da creación da revista (abril 1959)
- Carta enviada a Manuel Gurriaran El Barco con motivo do envío do n. 3 da publicación (20/11/1965)
Cartas enviadas por GRUGALMA, conservadas en formato papel:
- O Departamento de Publicacións informa do comezo dunha nova etapa da publicación e invita aos escritores a enviar textos.
- A Dirección invita a suscribirse e incorpora un boletín a tal efecto.
Correspondencia da sociedade "Unión Trivesa", conservada en formato dixital e impreso:
- Carta enviada o día 26/06/1946 pola socia Escolástica Sánchez ao Presidente da sociedade, Julio Rodríguez Blanco, en agradecemento pola súa atención durante un período de enfermidade.
- Listaxe de compoñentes do Comité de Damas da sociedade.
Correspondencia da sociedade "Unión Trivesa", conservada en formato dixital e impreso:
- Carta enviada o día 30/08/1942 polo Secretario da sociedade, Adolfo Pérez, ao Presidente do Comité Xestor de Axuda ás Democracias, confirmando á súa contribución económica na causa.
- Certificado do día 30/08/1942 conforme Juan Varela Grande, Presidente do "Centro Gallego", recibiu un donativo da sociedade para o Comité Xestor de Axuda ás Democracias.
- Carta enviada o día 15/11/1944 ao Presidente da sociedade polo Presidente de "Unión Orensana", Arturo Pérez, para invitalo a unha función de cine.
- Carta e programa enviados o día 18/11/1944 ao Presidente da sociedade polo Secretario Xeral do Centro de Divulgación Social, para invitalo á conferencia de Enrique López Alarcón do día 20/11/1944.
- Carta enviada en 1945 polo Secretario da Comisión Organizadora da Convención Nacional Democrática Pro República Española, Francisco Masiques, ao Presidente da sociedade, para felicitalo polo número de delegados designados para a convención.
- Carta e manifesto enviados o día 30/07/1945 polo Secretario da Comisión Organizadora da Convención Nacional Democrática Pro República Española, Francisco Masiques, ao Presidente da sociedade, para facerlle chegar o manifesto relativo á convención dos días 14-15/09/1945.
- Carta e programa enviados o día 29/06/1946 polo Presidente da Casa da Cultura na Habana, Pedro Cavia, ao Presidente da sociedade, relativos ao V Congreso Nacional da Casa da Cultura titulado "Unidad y lucha por la República Española".
- Circular enviada en xuño de 1946 relativa á celebración do Congreso por parte da Convención Nacional Democrática Pro República Española.
- Carta enviada en agosto de 1946 polo Secretario da Comisión Organizadora da Convención Nacional Democrática Pro República Española, Francisco Masiques, ao Presidente da sociedade, coa relación de delegados.
Cartas enviadas por Carlos Xohan Díaz, Secretario da sociedade Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego, relativas á Xunta de Organizacións Galegas en Europa (XOGE), conservadas en formato papel:
- Carta enviada o 10/03/1980 a Miguel Palomo, Presidente do Centro Galego de Bruxelas, acerca do programa do Día de Galicia en París en curso e acerca de documentación da XOGE.
- Carta enviada o 27/05/1980 a 21 grupos galegos na Suiza para facerlles chegar a acta das dúas primeiras xuntanzas da XOGE e a convocatoria e orde do día da xuntanza que se celebrará en Aarau o día 8 de xuño para preparar a xuntanza dos días 21 e 22 que se celebrará en Suiza.
- Carta enviada o 10/06/1980 ós grupos galegos na Suiza, para facerlles chegar a acta da xuntanza da XOGE celebrada o día 8 e os enderezos postais dos grupos galegos na Suiza.
- Carta enviada o 26/08/1980 ás asociacións e grupos galegos na Suiza, para convocalos á próxima xuntanza da XOGE que se celebrará o día 14 de setembro en Zürich.
Cartas recibidas pola Xunta de Organizacións Galegas en Europa ou por asociacións integrantes, conservadas en formato papel:
- Carta enviada polo Presidente da Peña Galega de Munich, Modesto Hermida, comunicando que non asistirán á xuntanza dos días 1 e 2 de marzo de 1980 (24/02/1980) (fotocopias)
- Carta enviada por Asunción Panizo, do Grupo Cultural Galego de Colonia, mostrando a súa disconformidade coa visita do Presidente da Xunta de Galicia, Xosé Quiroga Suárez no Día de Galicia na Emigración (21/03/1981) (fotocopias)
- Carta enviada pola Segredaria do Comité pra Galiza de Holanda, Tereixa González, mostrando a súa disconformidade coa visita do Presidente da Xunta de Galicia, Xosé Quiroga Suárez no Día de Galicia na Emigración (22/03/1981)
- Carta enviada pola Directiva d'O Lar Galego, mostrando a súa disconformidade coa visita do Presidente da Xunta de Galicia, Xosé Quiroga Suárez no Día de Galicia na Emigración (22/03/1981)
- Carta enviada polo Cumio da Asociación Cultural Galega O Pote, mostrando a súa disconformidade coa visita do Presidente da Xunta de Galicia, Xosé Quiroga Suárez no Día de Galicia na Emigración (24/03/1981)
- Carta enviada polo Responsable de Asuntos Internos-Esternos da Irmandade Galega O Pote de Zurich, mostrando a súa disconformidade coa visita do Presidente da Xunta de Galicia, Xosé Quiroga Suárez no Día de Galicia na Emigración (24/03/1981)
- Carta enviada dende a Irmandade Galega en Suiza, mostrando a súa disconformidade coa visita do Presidente da Xunta de Galicia, Xosé Quiroga Suárez no Día de Galicia na Emigración (25/03/1981)
- Carta enviada polo Presidente do Grupo Galego de AARAU, Manoel Baña-Pérez, comunicando que non asistirán á xuntanza do día 11 de abril de 1981 (08/04/1981)
- Carta enviada dende a Asociación Cultural Galega de Hamburgo solicitando confirmación do cambio de lugar para a xuntaza dos días 6 e 7 de xuño de 1981 (20/04/1981)
- Carta enviada dende a Asociación Cultural Galega de Hamburgo solicitando a acta da última xuntanza e o borrador definitivo do Regulamento (15/10/1981)
Cartas enviadas polo Presidente da "Sociedade de Socorros Mútuos e Beneficiente Rosalía de Castro", Manuel Rodríguez y Rodríguez:
- Á Directora do Arquivo da Emigración Galega, María Xosé Rodríguez Galdo, o día 22/11/1996, para facerlle chegar un modelo de carta e unha tarxeta da entidade.
- Ao Coordinador de proxecto do Consello da Cultura Galega, Marcelino X. Fernández Santiago, o día 21/10/1998, para confirmar o envío anterior e remitir a enquisa "As sociedades galegas no mundo".