Identity area
Reference code
Title
Date(s)
- 1921-1936 (Creation)
Level of description
Extent and medium
1 rollo de microfilme
1 PDF, 188 p.
Context area
Name of creator
Administrative history
Esta sociedade agraria e instrutiva foi creada por iniciativa dun grupo de emigrantes naturais da comarca de Salvaterra residentes na República Arxentina. Entre eles podemos citar a Clemente López, Laureano Puente, Manuel Puente e Francisco Ojea Aldir, que defendían ideais socialistas e laicos.
Deciden crear a sociedade para acoller os veciños alí residentes e proporcionarlles socorros e axudas para os máis necesitados, ademais de fomentar a construción de centros educativos e de progreso no seu distrito natal, tal como se recolle nos seus primeiros estatutos: «Art. 2º: socorrer moral y materialmente a sus asociados, en casos de enfermedad, muerte y repatriarlos si quedaran inútiles; Art. 3º: propender al progreso del distrito y bienestar de sus habitantes elevando su capacidad intelectual y dignificación moral, por medio de la escuela, de la organización social y de la cooperación colectiva».
En 1926, organizaron un gran festival artístico a beneficio do seu proxecto para construír un edificio social na súa localidade. Neste edificio tamén debía funcionar unha cooperativa agrícola, de créditos e consumos; e ser a sede dos sindicatos agrícolas da comarca. Así mesmo, habilitaron varias dependencias como aulas para impartirlles clases aos nenos e nenas da zona. Cos cartos obtidos mercaron, ao ano seguinte, un soar valorado en 2487 pesos.
O 15 de xullo de 1928, inaugurouse o edificio da Casa do Pobo, no que se instala, ademais da escola, unha cooperativa como apoio aos labregos da comarca, para que conseguisen abaratar os prezos dos produtos e da maquinaria agrícolas.
Esta sociedade tivo un forte ideario agrarista e progresista e colaborou activamente na defensa deste movemento na súa comarca con doazóns pero tamén co seu apoio solidario a calquera tipo de reivindicación dos campesiños: axudou á Sociedade Agraria de Cristiñade, que fora multada por soster unha escola rural, ou aos afectados pola traxedia de Guillarei.
En 1936, fusionouse coa entidade "Hijos de Fornelos y anexos" e pasou a denominarse "Asociación de Residentes de Salvatierra de Miño en la República Argentina", que hoxe segue a funcionar.
En 1940, tivo un cambio nas súas finalidade e centrouse na axuda mutua e na organización de actividades recreativas e culturais, tal como se recolle no regulamento social: «nuestros Estatutos han sido reformados y ha quedado abolida toda clase de política, como así el envío de dinero a España, salvo que alguna familia solicitara ayuda, en cuyo caso la resolución se haría en asamblea. Se comenzará a reunir dinero para comprar un campo para recreo y esparcimiento de nuestros hermanos en la Argentina».
Repository
Archival history
Immediate source of acquisition or transfer
Content and structure area
Scope and content
Libro de actas das reunións das Asembleas de Socios da sociedade "Unión progresista del distrito de Salvatierra de Miño" (188 páxinas), conservado en formato microfilme e dixital:
- 1921: Acta fundacional celebrada o 14 de agosto de 1921 (comprende as páxinas 1 e 2 do libro); Acta nº. 2: Reunión da asemblea xeral ordinaria celebrada o 4 de setembro de 1921; Acta nº. 3: Reunión da asemblea xeral ordinaria celebrada o 20 de novembro de 1921
- 1922: Acta nº. 4: Reunión da asemblea xeral ordinaria celebrada o 12 de marzo de 1922; Acta nº. 5: Reunión da asemblea xeral ordinaria celebrada o 18 de xuño de 1922; Acta nº. 6: Reunión da asemblea xeral ordinaria celebrada o 22 de outubro de 1922
- 1923: Acta nº. 7: Reunión da asemblea xeral ordinaria celebrada o 28 de xaneiro de 1923; Acta nº. 8: Reunión da asemblea xeral ordinaria e da Comisión Administrativa celebrada o 27 de maio de 1923; Acta sen numerar: Reunión da asemblea xeral ordinaria celebrada o 4 de novembro de 1923
- 1924: Acta sen numerar: Reunión da Asemblea xeral ordinaria e da Comisión directiva celebrada o 30 de maio de 1924; Acta sen numerar: Reunión da Asemblea xeral ordinaria e da Comisión directiva celebrada o 6 de xullo de 1924; Acta sen numerar: Reunión da asemblea xeral ordinaria celebrada o 26 de outubro de 1924
- 1925: Acta sen numerar: Reunión da asemblea xeral ordinaria celebrada o 22 de marzo de 1925; Acta sen numerar: Reunión da asemblea xeral ordinaria celebrada o 29 de xuño de 1925; Acta sen numerar: Reunión da asemblea xeral extraordinaria celebrada o 30 de agosto de 1925; Acta sen numerar: Reunión da asemblea xeral ordinaria celebrada o 25 de outubro de 1925
- 1926: Acta sen numerar: Reunión da asemblea xeral ordinaria celebrada o 18 de marzo de 1926; Acta nº. 17: Reunión da asemblea xeral ordinaria celebrada o 25 de xullo de 1926; Acta nº. 18: Reunión da asemblea xeral extraordinaria celebrada o 2 de agosto de 1926; Acta nº. 19: Reunión da asemblea xeral ordinaria celebrada o 24 de outubro de 1926
- 1927: Acta nº. 20: Reunión da asemblea xeral ordinaria celebrada o 27 de marzo de 1927; Acta nº. 21: Reunión da asemblea xeral ordinaria celebrada o 13 de novembro de 1927
- 1928: Acta sen numerar: Reunión da asemblea xeral ordinaria celebrada o 15 de abril de 1928; Acta sen numerar: Reunión da asemblea xeral ordinaria celebrada o 28 de outubro de 1928
- 1929: Acta sen numerar: Reunión da asemblea xeral ordinaria celebrada o 16 de xuño de 1929; Acta sen numerar: Reunión da asemblea xeral extraordinaria celebrada o 8 de setembro de 1929; Acta sen numerar: Reunión da asemblea xeral ordinaria celebrada o 1 de decembro de 1929
- 1930: Acta sen numerar: Reunión da asemblea xeral ordinaria celebrada o 11 de maio de 1930; Acta sen numerar: Reunión da asemblea xeral ordinaria celebrada o 9 de novembro de 1930
- 1931: Acta sen numerar: Reunión da asemblea xeral ordinaria celebrada o 21 de xuño de 1931; Acta sen numerar: Reunión da asemblea xeral ordinaria celebrada o 12 de decembro de 1931; Acta sen numerar: Reunión da asemblea xeral ordinaria celebrada o 19 de decembro de 1931
- 1932: Acta sen numerar: Reunión da asemblea xeral ordinaria celebrada o 14 de maio de 1932; Acta sen numerar: Reunión da asemblea xeral ordinaria celebrada o 19 de novembro de 1932
- 1933: Acta sen numerar: Reunión da asemblea xeral ordinaria celebrada o 9 de abril de 1933; Acta sen numerar: Reunión da asemblea xeral ordinaria celebrada o 19 de novembro de 1933
- 1934: Acta sen numerar: Reunión da asemblea xeral ordinaria celebrada o 17 de xuño de 1934; Acta sen numerar: Reunión da asemblea xeral ordinaria celebrada o 25 de novembro de 1934
- 1935: Acta sen numerar: Reunión da asemblea xeral ordinaria celebrada o 9 de xuño de 1935; Acta sen numerar: Reunión da asemblea xeral ordinaria celebrada o 29 de decembro de 1935
- 1936: Acta sen numerar: Reunión da asemblea xeral extraordinaria celebrada o 8 de marzo de 1936; Acta sen numerar: Reunión da asemblea xeral ordinaria celebrada o 28 de marzo de 1936; Acta sen numerar: Reunión celebrada o 25 de abril de 1936; Acta sen numerar: Reunión celebrada o 16 de maio de 1936; Acta sen numerar: Reunión da asemblea xeral extraordinaria celebrada o 11 de outubro de 1936. Aproban a súa fusión coa sociedade de Fornelos.
Appraisal, destruction and scheduling
Accruals
System of arrangement
Conditions of access and use area
Conditions governing access
Consulta en sala a todos os investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria
Conditions governing reproduction
Permítese a súa reprodución dixital ou reprográfica
Language of material
Spanish
Script of material
Latin
Language and script notes
Physical characteristics and technical requirements
Os documentos microfilmados precisan dun lector, e para a visualización dos documentos en formato pdf requírese un ordenador, que se poñen a disposición dos investigadores.
Finding aids
Allied materials area
Existence and location of originals
A propia institución
Existence and location of copies
Arquivo da Emigración Galega - CdC
Related units of description
Notes area
Alternative identifier(s)
Access points
Subject access points
Place access points
Name access points
Genre access points
Description control area
Description identifier
Institution identifier
Rules and/or conventions used
NOGADA
Status
Level of detail
Dates of creation revision deletion
Language(s)
Galician
Script(s)
Latin
