Cartel para informar aos socios e socias dun paseo fluvial a bordo do vapor Lisbonense organizado pola entidade no que haberá un baile amenizado pola orquestra Costa Rica. Terá lugar o 6 de xullo de 1956.
UntitledLisboa
25 Archival description results for Lisboa
Programa das actividades organizadas pola entidade para o mes de decembro de 1956. O día 16 celebra unha velada artística e danzante con artistas españois e un baile coa orquestra Boémia. O día 25 terá lugar unha festa infantil de nadal para os máis novos da entidade con concursos e regalos de xoguetes.
UntitledPrograma das actividades organizadas pola entidade para o mes de xullo de 1958, «Año de las Bodas de Oro». O día 17 organiza o tradicional paseo fluvial nocturno cunha festa durante a travesía a cargo da orquestra Costa Rica. O día 25, Día de Santiago celébrase unha misa e pola noite un baile ao que poderán asistir os socios coas súas familias.
UntitledInvitación para os socios para participar no tradicional Paseo fluvial a bordo do vapor Lisbonense, organizado pola entidade e no que haberá un baile amenizado pola orquestra Costa Rica. Terá lugar o 17 de xullo de 1958.
UntitledInforma das distintas actividades organizadas para celebrar o Día de Galicia, na festividade de Santiago Apóstolo. O 24 terá lugar unha conferencia titulada "Tres poetas galegos bilingües (Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Eduardo Pondal)", impartida por Carlos A. Areán. O 25 misa en honor do santo e o 27 gran festa campestre de confraternización galego-miñota organizada pola Casa do Minho, para todos os socios e socias de ambas as dúas entidades.
UntitledPrograma das actividades organizadas pola entidade para celebrar o Entroido dese ano.
UntitledCartel de Juventud de Galicia anunciando os festivais organizados no mes de febreiro de 1959 a cargo da orquestra Compostela.
UntitledPrograma das actividades organizadas pola entidade para celebrar o 52º aniversario fundacional da entidade.
UntitledPrograma das actividades organizadas pola entidade para o mes de xaneiro de 1957. O día 6 celébrase o Día dos Reis Magos cun baile e audición de música galega. O día 20 velada familiar cun gran baile coa orquestra Boémia.
UntitledPrograma coas diversas actuacións teatrais e musicais na homenaxe á Rosalía de Castro.
UntitledInvitación para participar nunha homenaxe ao coro da entidade "Anaquiños da Terra". Esta homenaxe está organizada xunto co Centro Español de Lisboa na Festa de Confraternización de ambas entidades de emigrantes.
UntitledPrograma dos actos que se organizan na Festa de Confraternización das dúas entidades españolas máis importantes da capital lisboeta, o Centro Español de Lisboa e Xuventude de Galicia.
UntitledPrograma das actividades organizadas pola entidade para o mes de abril de 1956. O día 1 os socios e socias poderán desfrutar dun festival dedicado ao socio Baldomero Boullosa, con actuacións da orquestra Copacabana e a agrupación coral e artística "Anaquiños da Terra" da sociedade. O día 22 organiza un baile coa orquestra Costa Rica e un concurso de "Jotas e muiñeiras".
UntitledFolleto co programa das actividades organizadas pola entidade para conmemorar o seu 48º aniversario fundacional. Ademais da relación dos actos que van ter lugar ese día para os socios tamén hai varias páxinas con información sobre a entidade e fotos dos socios e socias.
UntitledPrograma das actividades organizadas pola entidade para celebrar o entroido dese ano. Celebra varios bailes para os socios e socias a cargo da orquestra Porto de Ponteareas. Ademais haberá unha festa infantil de disfraces e un baile de piñata e o enterro da sardiña. O día 20 pechan o entroido coa orquestra Azul.
UntitledCartel para informar aos socios e socias do Paseo fluvial a bordo do vapor Lisbonense organizado pola entidade no que haberá un baile amenizado pola orquestra Costa Rica. Terá lugar o 18 de xullo de 1957.
UntitledPrograma das actividades organizadas pola entidade para conmemorar o seu 50º aniversario fundacional. Haberá unha misa, unha visita ao cemiterio para homenaxear aos socios/as falecidos e un acto na sede social baixo a presidencia do Embaixador de España en Portugal no que se entregarán os diplomas honoríficos aos socios con máis de 25 anos de antigüidade na entidade. Despois haberá un baile amenizado pola orquestra Costa Rica. Baile que se repite o día 23.
UntitledInvitación para asistir ao festival artístico e danzante que se vai celebrar nos salóns de "Espelho da Agua" para os socios. Haberá actuación da coral galega "Anaquiños da Terra" integrada polos socios e socias da entidade e un baile.
UntitledPrograma das actividades organizadas pola entidade para o mes de abril de 1960. O día 3 celebra un gran baile a cargo da orquestra Costa Rica. O 9 de abril terá lugar unha "Gran Velada Gallega" coa actuación da coral societaria "Anaquiños da Terra" e a representación dunha obra de teatro en galego "Estebiño".
UntitledPrograma das actividades organizadas pola entidade para o mes de maio de 1956. O día 6 organiza un baile amenizado pola orquestra Costa Rica e un concurso de "Jotas e muiñeiras". E o día 26 celebra a Festa do Mantón, cun concurso para o mellor e máis bonito.
Untitled