Velada a cargo da masa coral "Anaquiños da Terra" baixo a dirección de A. Abuín. A velada celébrase por petición dos asociados da entidade.
Xuventude de Galicia. Centro Galego de LisboaPortugal
51 Descrición arquivística results for Portugal
Carné de socio de Ramiro Vidal Carrera, fundador e socio número 1 de "Juventud de Galicia". Con fotografía.
Xuventude de Galicia. Centro Galego de LisboaPrograma das actividades organizadas pola entidade para celebrar o Entroido dese ano.
Xuventude de Galicia. Centro Galego de LisboaCartel para informar aos socios e socias dun paseo fluvial a bordo do vapor Lisbonense organizado pola entidade no que haberá un baile amenizado pola orquestra Costa Rica. Terá lugar o 6 de xullo de 1956.
Xuventude de Galicia. Centro Galego de LisboaCartel para informar aos socios e socias do Paseo fluvial a bordo do vapor Lisbonense organizado pola entidade no que haberá un baile amenizado pola orquestra Costa Rica. Terá lugar o 18 de xullo de 1957.
Xuventude de Galicia. Centro Galego de LisboaCartel de Juventud de Galicia anunciando os festivais organizados no mes de febreiro de 1959 a cargo da orquestra Compostela.
Xuventude de Galicia. Centro Galego de LisboaInforma das distintas actividades organizadas para celebrar o Día de Galicia, na festividade de Santiago Apóstolo. O 24 terá lugar unha conferencia titulada "Tres poetas galegos bilingües (Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Eduardo Pondal)", impartida por Carlos A. Areán. O 25 misa en honor do santo e o 27 gran festa campestre de confraternización galego-miñota organizada pola Casa do Minho, para todos os socios e socias de ambas as dúas entidades.
Xuventude de Galicia. Centro Galego de LisboaInforma da Velada organizada pola Coral do centro "Anaquiños da Terra" en homenaxe ao seu director, Avelino Abuín de Tembra na que haberá unha representación teatral, a actuación da Coral "Cantos y Danzas de Galicia", xogos florais e un concurso de regueifas. A velada remata cun baile para todos os e as socias que queiran asistir. A homenaxe será o 25 de maio de 1958.
Xuventude de Galicia. Centro Galego de LisboaDiploma de socio de honor concedido pola Asemblea de socios da entidade a Ramiro Vidal Carrera, socio fundador número 1 e membro das primeiras directivas da sociedade. A distinción foi outorgada na Asemblea xeral de socios celebrada o 31 de marzo de 1965. O diploma está asinado polo presidente da entidade, Domingo Vázquez Vázquez e o secretario, Gabino Castro Gil .
Xuventude de Galicia. Centro Galego de LisboaEstes primeiros estatutos sociais foron aprobados o 17 de maio de 1910. Ao longo da súa historia a sociedade foi reformando os seus estatutos.
Xuventude de Galicia. Centro Galego de LisboaInvitación para asistir a unha conferencia organizada pola entidade co título de "Galicia y sus problemas" impartida por Ramón Salgado. Ademais falarán do mesmo tema Enrique Peinador, Amado Garra, Antonio Prieto Ribas e Ramiro Vidal Carrera. A conferencia terá lugar o 8 de xuño de 1930 na sede da entidade, na Rúa Madalena, nº 259, 1ºA.
Xuventude de Galicia. Centro Galego de LisboaInvitación para participar nunha homenaxe ao coro da entidade "Anaquiños da Terra". Esta homenaxe está organizada xunto co Centro Español de Lisboa na Festa de Confraternización de ambas entidades de emigrantes.
Xuventude de Galicia. Centro Galego de LisboaInvitación para asistir a unha conferencia organizada pola entidade co título de "A obra dos galegos na América" impartida polo profesor Luís Soto Fernández. A conferencia tivo lugar o 23 de maio de 1958 na sede da entidade, na Rúa Madalena, nº 259, 1ºA.
Xuventude de Galicia. Centro Galego de LisboaInvitación para os socios para participar no tradicional Paseo fluvial a bordo do vapor Lisbonense, organizado pola entidade e no que haberá un baile amenizado pola orquestra Costa Rica. Terá lugar o 17 de xullo de 1958.
Xuventude de Galicia. Centro Galego de LisboaInvitación para asistir ao festival artístico e danzante que se vai celebrar nos salóns de "Espelho da Agua" para os socios. Haberá actuación da coral galega "Anaquiños da Terra" integrada polos socios e socias da entidade e un baile.
Xuventude de Galicia. Centro Galego de LisboaLibro de contabilidade onde recollen mensualmente os "Debe" e "Haber" da entidade.
Xuventude de Galicia. Centro Galego de LisboaLibro de Actas das reunións das Asembleas Xerais de socios que vai do 10 de decembro de 1932 ata o 31 de marzo de 1949
Xuventude de Galicia. Centro Galego de LisboaLibro de Actas das reunións das Asembleas Xerais de socios que vai do 22 de decembro de 1949 ata o 16 de maio de 1951.
Xuventude de Galicia. Centro Galego de LisboaLibro de Actas das reunións das Asembleas Xerais de socios que vai do 28 de agosto de 1955 ata o 12 de marzo de 1959.
Xuventude de Galicia. Centro Galego de LisboaLibro de Actas das reunións das Xuntas Directivas que vai do 5 de xaneiro de 1952 ata o 12 de marzo de 1965.
Xuventude de Galicia. Centro Galego de Lisboa