Unidad documental simple 14 - Presuposto para o arranxo da casa-escola "Progreso de Lanzós"

Open original Objeto digital

Área de identidad

Código de referencia

ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-PrLanz-05-03-14

Título

Presuposto para o arranxo da casa-escola "Progreso de Lanzós"

Fecha(s)

  • 1932-05-22 (Creación)

Nivel de descripción

Unidad documental simple

Volumen y soporte

Presuposto para o arranxo da casa-escola "Progreso de Lanzós"

Área de contexto

Nombre del productor

(1913-04-01 ata a actualidade)

Historia administrativa

Esta sociedade foi fundada por naturais das parroquias de San Martiño e San Salvador de Lanzós, do concello de Vilalba (Lugo), residentes na Habana.
Entre os fundadores podemos citar a José Castro Lozano, en cuxa casa se reuniron Cosme Sacido Ramil, Pedro Tenreiro Rivas, Jesús Cendán Ferreiro, Marcelino Martínez, Lucas Tenreiro e Manuel Rego. A primeira xunta directiva estivo presidida por Cosme Sacido Ramil; Jesús Cendán Ferreiro, como vicepresidente; Jesús Castro Funcasta, secretario; Crisanto Leal Ramudo, vicesecretario; Manuel Balseiro Tenreiro, tesoureiro; José Castro Lozano, vicetesoureiro; e contaba con doce vogais: Juan López Ferreiro, José Ramudo Rego, Marcelino Martínez, José García Tenreiro, Angel Tenreiro, Andrés Boizán, Vicente Lodeiro, Angel Martínez, José Trastoy Orosa, José de Vicente Ferreiro, Alejo Miragaya Orosa e Ramón Bahamonde.
Ao ano seguinte da súa fundación contaba xa cun total de 150 socios.
Creouse co nome de Emigrados de Lanzós, pero uns días máis tarde en asemblea xeral de socios votouse por unanimidade o nome de Progreso de Lanzós.
A súa finalidade principal foi reunir os fondos necesarios para crear e soster unha escola con todos os adiantos pedagóxicos modernos para os nenos e nenas das parroquias.
Entre as melloras que acometeron na súa terra natal pódese citar o peche en 1914 do Campo de San Pedro, xunto á igrexa, para ser usado como lugar de reunión e sociabilidade para os veciños; para levar a cabo estas obras enviaron a Lanzós 245,86 pesos. Preto deste campo aproban a construción dun edificio escolar; a parroquia participa coa cesion de parte dos terreos e coa axuda veciñal nas obras.
Ademais, en 1915, organizan unha subscrición para reparar o adro e o cemiterio de San Salvador de Lanzós.
En 1917 colaboran con varias doazóns na edificacion dunha casa-escola para as parroquias de Distriz e Tardade.
Dende os seus inicios colaboran co Sindicato Juventud Agraria de Lanzós, axudándoos economicamente na realización da súa casa social; anteriormente permitíralles o uso dunha estancia no edificio escolar de Lanzós para as súas reunións. As relacións entre ambas as entidades pasaron por altibaixos, con disputas sobre o uso da casa-escola ou a xestión da casa do sindicato.
En 1923 a sociedade habaneira participou economicamente na compra dunha granxa agrícola onde poder impartir ensinanzas aos labregos da zona.

Institución archivística

Historia archivística

Origen del ingreso o transferencia

Área de contenido y estructura

Alcance y contenido

Presuposto para realizar os traballos de arranxo da casa-escola "Progreso de Lanzós":

  • Presuposto do construtor Antonio Peranas para realizar tarefas de mantemento do edificio da casa-escola de Lanzós (pintura, arranxo do tellado, cristais e corda do reloxio) (22 de maio de 1932) (1 páxina manuscrita e asinada)

Valorización, destrucción y programación

Acumulaciones

Aberto a novos ingresos

Sistema de arreglo

Área de condiciones de acceso y uso

Condiciones de acceso

Consulta en sala para investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria. Documentación dispoñible en liña

Condiciones

Permítese a súa reprodución dixital e reprográfica

Idioma del material

  • español

Escritura del material

  • latín

Notas sobre las lenguas y escrituras

Características físicas y requisitos técnicos

Instrumentos de descripción

Área de materiales relacionados

Existencia y localización de originales

A propia institución que ten a súa sede no antigo Palacio do Centro Galego da Habana.

Existencia y localización de copias

Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, na súa sede da Cidade da Cultura

Unidades de descripción relacionadas

Descripciones relacionadas

Área de notas

Identificador/es alternativo(os)

Puntos de acceso

Puntos de acceso por lugar

Puntos de acceso por autoridad

Tipo de puntos de acceso

Área de control de la descripción

Identificador de la descripción

AE CU PrLanz

Identificador de la institución

ES GA 15078 ACCG

Reglas y/o convenciones usadas

NOGADA

Estado de elaboración

Borrador

Nivel de detalle

Parcial

Fechas de creación revisión eliminación

Idioma(s)

  • gallego

Escritura(s)

  • latín

Fuentes

Objeto digital (Ejemplar original), área de permisos

Objeto digital (Referencia), área de permisos

Objeto digital (Miniatura), área de permisos

Área de Ingreso