Identity area
Reference code
Title
Date(s)
- 1913-04-01 - (Creation)
Level of description
Extent and medium
1 carpeta e PDF con 1 libro de actas
1 carpeta e PDF con 3 libros de actas
1 carpeta e PDF con 2 libros de actas e 1 folleto
1 carpeta e PDF con 33 documentos de contabilidade, 2 cheques e 310 cartas
1 carpeta e PDF con 17 documentos relacionados coa labor educativa da entidade na súa parroquia natal (construción e mantemento dunha casa-escola) ademais de varias achegas a outros centros escolares.
1 carpeta e PDF con 5 documentos relativos a súa contribución económica na construción dunha estrada no lugar de Ramil
1 carpeta e PDF co listado de contribuíntes á subscrición creada pola entidade a favor do arranxo do Campo de San Pedro na parroquia de Lanzós
PDF con 1 regulamento, 3 libros de rexistro, 2 libros de contabilidade, 3 títulos e 9 fotografías
Documentación en formato orixinal:
3 carpetas con correspondencia entre a sociedade habaneira e a súa delegación en Lanzós
Context area
Name of creator
Administrative history
Esta sociedade foi fundada por naturais das parroquias de San Martiño e San Salvador de Lanzós, do concello de Vilalba (Lugo), residentes na Habana.
Entre os fundadores podemos citar a José Castro Lozano, en cuxa casa se reuniron Cosme Sacido Ramil, Pedro Tenreiro Rivas, Jesús Cendán Ferreiro, Marcelino Martínez, Lucas Tenreiro e Manuel Rego. A primeira xunta directiva estivo presidida por Cosme Sacido Ramil; Jesús Cendán Ferreiro, como vicepresidente; Jesús Castro Funcasta, secretario; Crisanto Leal Ramudo, vicesecretario; Manuel Balseiro Tenreiro, tesoureiro; José Castro Lozano, vicetesoureiro; e contaba con doce vogais: Juan López Ferreiro, José Ramudo Rego, Marcelino Martínez, José García Tenreiro, Angel Tenreiro, Andrés Boizán, Vicente Lodeiro, Angel Martínez, José Trastoy Orosa, José de Vicente Ferreiro, Alejo Miragaya Orosa e Ramón Bahamonde.
Ao ano seguinte da súa fundación contaba xa cun total de 150 socios.
Creouse co nome de Emigrados de Lanzós, pero uns días máis tarde en asemblea xeral de socios votouse por unanimidade o nome de Progreso de Lanzós.
A súa finalidade principal foi reunir os fondos necesarios para crear e soster unha escola con todos os adiantos pedagóxicos modernos para os nenos e nenas das parroquias.
Entre as melloras que acometeron na súa terra natal pódese citar o peche en 1914 do Campo de San Pedro, xunto á igrexa, para ser usado como lugar de reunión e sociabilidade para os veciños; para levar a cabo estas obras enviaron a Lanzós 245,86 pesos. Preto deste campo aproban a construción dun edificio escolar; a parroquia participa coa cesion de parte dos terreos e coa axuda veciñal nas obras.
Ademais, en 1915, organizan unha subscrición para reparar o adro e o cemiterio de San Salvador de Lanzós.
En 1917 colaboran con varias doazóns na edificacion dunha casa-escola para as parroquias de Distriz e Tardade.
Dende os seus inicios colaboran co Sindicato Juventud Agraria de Lanzós, axudándoos economicamente na realización da súa casa social; anteriormente permitíralles o uso dunha estancia no edificio escolar de Lanzós para as súas reunións. As relacións entre ambas as entidades pasaron por altibaixos, con disputas sobre o uso da casa-escola ou a xestión da casa do sindicato.
En 1923 a sociedade habaneira participou economicamente na compra dunha granxa agrícola onde poder impartir ensinanzas aos labregos da zona.
Repository
Archival history
Immediate source of acquisition or transfer
Content and structure area
Scope and content
Este fondo contén a seguinte documentación:
Conservadas en formato dixital e impreso:
Libro de actas das reunións das Xuntas Directivas (1913-1937)
Libro de actas das reunións das Xuntas Directivas (1937-1956)
Libro de actas das reunións das Xuntas Directivas (1957-1965)
Libro de actas das reunións das Xuntas Directivas (1965-1981)
Libro de actas das reunións das Xuntas Xerais (1913-1964)
Libro de actas das reunións da sección de Propaganda (1914-1926)
210 cartas
33 documentos de contabilidade
Díptico "Mensaje a nuestros hermanos los emigrados" (1957) (orixinal e dixital)
Diversa documentación (actas, cartas, informes...) relacionada coa labor educativa da entidade na súa parroquia natal
1 carpeta con 5 cartas relativas a contribución económica da entidade para a construción dunha estrada no lugar de Ramil
1 carpeta co listado de contribuíntes á subscrición creada pola entidade a favor do arranxo do Campo de San Pedro na parroquia de Lanzós
Conservada en formato dixital:
Regulamento (1934)
Libro de rexistro do Panteón social (1927-1960)
Libro de rexistro (1913-1955)
Libro de rexistro (1965-2003)
Libro de caixa-tesourería (1913-1932)
Libro de caixa-tesourería (1965-1975)
3 títulos
8 fotografías
Conservada en formato orixinal:
3 carpetas de correspondencia entre a sociedade habaneira e a súa delegación da entidade en Lanzós (Vilalba, Lugo) denominada Consejo de Instrucción (1914-1929)
Appraisal, destruction and scheduling
Accruals
Aberto a novos ingresos
System of arrangement
Conditions of access and use area
Conditions governing access
Consulta en sala para investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria. Documentación dispoñible en liña.
Conditions governing reproduction
Permítese a súa reprodución dixital ou reprográfica
Language of material
Spanish
Script of material
Latin
Language and script notes
Physical characteristics and technical requirements
Para a visualización dos documentos en formato pdf requírese un ordenador, que se pon a disposición dos investigadores.
Finding aids
Allied materials area
Existence and location of originals
A propia institución que ten a súa sede no antigo Palacio do Centro Galego da Habana.
Existence and location of copies
Arquivo da Emigración Galega - CCG. Na súa sede da Cidade da Cultura.
Related units of description
Notes area
Alternative identifier(s)
Access points
Subject access points
- EDUCACIÓN, PENSAMENTO E SOCIEDADE » Migracións » Emigración galega
- ESPAZOS E EVENTOS » Centros galegos
- TIPOS DE DOCUMENTOS » Documentación administrativa » Actas
- TIPOS DE DOCUMENTOS » Normas e directrices » Regulamentos
- TIPOS DE DOCUMENTOS » Libros
- TIPOS DE DOCUMENTOS » Documentación económica
- TIPOS DE DOCUMENTOS » Cartas
- TIPOS DE DOCUMENTOS » Emblemas
- TIPOS DE DOCUMENTOS » Folletos
- TIPOS DE DOCUMENTOS » Fotografías
- ESPAZOS E EVENTOS » Sepulcros
- ESPAZOS E EVENTOS » Escolas
- TIPOS DE DOCUMENTOS » Documentación administrativa
Place access points
- América » Antillas » Cuba » A Habana
- Europa » España » Galicia » Lugo (Provincia) » Vilalba » Lanzós (San Martiño)
Name access points
Genre access points
Description control area
Description identifier
Institution identifier
Rules and/or conventions used
NOGADA
Status
Level of detail
Dates of creation revision deletion
Creado por Adriana Cousillas o 26/08/2019
Revisado por Teresa García o 8/08/2025
Language(s)
Galician
Script(s)
Latin