File 01 - Recibos

Identity area

Reference code

ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-BNatG-04-03-01

Title

Recibos

Date(s)

  • 1945 - (Creation)

Level of description

File

Extent and medium

1 recibo en PDF e impreso
2 recibos en papel

Context area

Name of creator

(1871-12-31 ata a actualidade)

Administrative history

Esta sociedade tivo dous precedentes: o "Centre Catalá" (fundado na década dos 40) e unha sociedade galega que baixo a advocación do Apóstolo Santiago se creara na Habana en 1804. Foi fundada o 31 de decembro de 1871 na cidade da Habana. O 28 de xaneiro de 1872 tivo lugar a primeira reunión dos socios no Teatro Tacón, onde se elexíu a primeira directiva integrada por: presidente, Ambrosio Tomati; secretario, Pedro de Lago; tesoureiro, José García Barbón; consiliarios: Juan Baldonedo, José Pla Monge, José Carreras, Manuel Misa, Juan Mendizábal, Hipólito Varela, Francisco Lamigueiro, Adolfo Gasset, Fernando Blanco, Juan A. Paz, Nicolás Vázquez de la Torre, Camilo Feijoo Sotomayor. No 1872 foron nomeados socios de honra: Virginia F. Auber e Rosalía de Castro.
Nos seus primeiros estatutos de 1872 esta asociación ten como obxecto principal protexer aos seus asociados e ás súas familias e socorrer aos que non sendo socios sexan oriundos de Galicia e precisen auxilio, sempre que residan na Habana e se comprobe a súa necesidade.
A Institución, dende a fundación do Centro Gallego da Habana, a principios de século, estivo totalmente ligada a dito centro, instalándose nunha das súas oficiñas a partires de 1922.
No ano 1949 reforma os seus estatutos nos que destaca ademáis do labor de auxilio e socorro aos asociados, a axuda para a repatriación dos socios que teñen que retornar a Galicia e que non que teñen medios para pagar a pasaxe. Recollen tamén a idea de publicar periodicamente unha revista titulada "La vida gallega en Cuba", que sería o órgano oficial da sociedade e que será de distribución gratuíta.
Tras a revolución castrista, a institución viuse moi limitada, debido tanto a crise do país como a expropiación de moitas das súas propiedades. Seguen a prestar servizos aos socios sobre todo polo magnífico Panteón Social que posúen no Cemiterio Colón.
Actualmente o seu presidente é Alfredo Gómez Gómez.

Archival history

Immediate source of acquisition or transfer

Content and structure area

Scope and content

Recibos de pago das cotas polos socios da "Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia":

  • Recibo do pago da cota "Hijos de la Villa de Barreiros" á Sociedade de 50 centavos (19/06/1945), conservado en formato dixital e impreso.
  • Recibo de 12 dólares (01-1995), conservado en formato papel.
  • Recibo do pago da cota dunha socia de 12 dólares (01-2004), conservado en formato papel.

Appraisal, destruction and scheduling

Accruals

Aberto a novos ingresos

System of arrangement

Conditions of access and use area

Conditions governing access

Consulta en sala para investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria

Conditions governing reproduction

Permítese a súa reprodución dixital ou reprográfica

Language of material

  • Spanish

Script of material

  • Latin

Language and script notes

Physical characteristics and technical requirements

Para a visualización dos documentos en formato pdf requírese un ordenador, que se pon a disposición dos investigadores.

Finding aids

Allied materials area

Existence and location of originals

A propia institución

Existence and location of copies

Arquivo da Emigración Galega - CdC

Related units of description

Related descriptions

Notes area

Alternative identifier(s)

Access points

Place access points

Genre access points

Description control area

Description identifier

Institution identifier

Rules and/or conventions used

NOGADA

Status

Draft

Level of detail

Partial

Dates of creation revision deletion

Creado por Adriana Cousillas o 23/07/2019

Language(s)

  • Galician

Script(s)

  • Latin

Sources

Accession area