Área de identidad
Código de referencia
Título
Fecha(s)
- 1913-05-18 - 1940 (Creación)
Nivel de descripción
Volumen y soporte
1 rollo de microfilme e 7 PDF con actas, libros de rexistro, listaxes de socios e correspondencia
Área de contexto
Nombre del productor
Historia administrativa
Os naturais de Dodro, emigrantes en Bos Aires, crearon esta sociedade agraria e mutualista, no país de acollida para axudar no funcionamento da Sociedade Agraria de San Julián de Laíño (parroquia do seu concello natal).
Entre os seus fundadores podemos citar a Tomás Viturro (primeiro presidente da entidade), Ramón Torrado, Perfecto Blanco, Manuel Reboiras ou Manuel Viturro, entre outros.
Con finalidades agraristas e instrutivas, os seus estatutos sociais recollen que entre as súas prioridades están apoiar a loita do sindicato agrario da súa parroquia contra o caciquismo local e axudar no desenvolvemento da instrución da xuventude da súa terra natal.
Ao pouco tempo da súa fundación, fan un envío de 6000 pesetas á sociedade de agricultores, para a construción en Tallós dun edificio, que debía funcionar como a súa sede e no que debían habilitar unhas aulas para escola dos nenos e nenas da parroquia.
En decembro de 1916, hai noticias do remate das obras e da inauguración do edificio social. Ademais do financiamento das obras, mandan cartos periodicamente destinados ao seu mantemento e ao pagamento do soldo do mestre, ata o ano 1956.
Esta entidade formou parte da Federación Agraria del Distrito de Padrón en Buenos Aires, entidade que tiña como voceiro a revista El Eco de Teo.
O nome fundacional desta sociedade fai referencia á orixe parroquial dos socios fundadores. En 1940, debido ao cambio de finalidades, prodúcense disensións que provocan a súa disolución.
Institución archivística
Historia archivística
Origen del ingreso o transferencia
Área de contenido y estructura
Alcance y contenido
Este fondo contén a seguinte documentación:
Conservada en formato microfilme e dixital:
ACTA de constitución (18 de maio de 1913)
Correspondencia dos anos 1912-1916, 1923, 1925-1926 e 1938-1940.
Listaxe de socios da "Sociedad Cultural Hijos de las Tres Parroquias de Dodro" do ano 1937.
Regulamento publicado en 1936.
Conservada en formato dixital:
Libros de actas das reunións da Sección de Propaganda e Festas correspondentes aos anos 1936-1939.
Emblema societario.
Valorización, destrucción y programación
Acumulaciones
Aberto a novos ingresos
Sistema de arreglo
Área de condiciones de acceso y uso
Condiciones de acceso
Consulta en sala para investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria. Dispoñible acceso en liña á documentación dixitalizada.
Condiciones
Permítese a súa reprodución dixital ou reprográfica
Idioma del material
español
Escritura del material
latín
Notas sobre las lenguas y escrituras
Características físicas y requisitos técnicos
Os documentos microfilmados precisan dun lector, e para a visualización dos documentos en formato pdf requírese un ordenador, que se poñen a disposición dos investigadores.
Instrumentos de descripción
Área de materiales relacionados
Existencia y localización de originales
A propia institución
Existencia y localización de copias
Arquivo da Emigración Galega - CdC
Unidades de descripción relacionadas
Área de notas
Identificador/es alternativo(os)
Puntos de acceso
Puntos de acceso por materia
Puntos de acceso por lugar
Puntos de acceso por autoridad
Tipo de puntos de acceso
Área de control de la descripción
Identificador de la descripción
Identificador de la institución
Reglas y/o convenciones usadas
NOGADA
Estado de elaboración
Nivel de detalle
Fechas de creación revisión eliminación
Creado por Adriana Cousillas o 20/03/2019
Modificado por Adriana Cousillas o 23/04/2019
Engadidos os obxectos dixitais por Susana Guitar o 09/05/2024
Idioma(s)
gallego
Escritura(s)
latín