Área de identidad
Código de referencia
Título
Fecha(s)
- 1907-11-10 - (Creación)
Nivel de descripción
Volumen y soporte
4 carpetas con actas, 2 libros de rexistro, 1 regulamento e 1 folleto
PDF con actas, 2 libros de rexistro, 1 libro do Panteón, 3 cartas, 1 libro de contabilidade, 1 bono e 18 fotografías
Área de contexto
Nombre del productor
Historia administrativa
Esta sociedade foi creada polos emigrantes naturais do Val de Barcala residentes en Cuba co obxectivo principal de «fundar una escuela en el punto más céntrico de Barcala, escuela en la que se proporcionará educación e instrucción a la niñez y juventud de ambos sexos», tal como se recolle na súa acta fundacional.
Foron socios fundacionais Romualdo Negreira Gosende —que sería nomeado presidente da nova entidade—, Manuel Pastoriza, Francisco Ferreiro, Aureliano Mouro, Ramón Negreira, José Negreira, Generoso Negreira, José M.ª Barbazán, Juan Suárez, Cipriano Casabiella, Segundo Negreira, Manuel Baña, José Leis, Manuel Negreira, José Negreira Gómez e Modesto Suárez.
Na súa andaina tivo outros presidentes como Juan Riveiro Barreiro (1910), Manuel Súarez (1911), Manuel Castiñeiras (1912), Juan Riveiro Barreiro (1914-1915), José Abelenda Riveiro (1918), Manuel Negreira Gosende (1927), Manuel Riveiro Barreiro (1929), Jesús Suárez Pastoriza (1931), Manuel Grille Tomé (1933), Juan Riveiro Barreiro (1934), Jesús Suárez Pastoriza (1935-1938), José María Pensado (1939), José Abelenda Riveiro (1940, 1950), José Manteiga Romarís (1953-1954), José Abelenda Riveiro (1955, 1958), Clemente Tuñas Suárez (1964, 1966, 1967) ou Rolando Pérez Palmero, que preside a sociedade desde 1969 ata a actualidade.
Xa nas primeiras reunións da directiva aproban a construción dunha escola no lugar de Campos (San Xián de Negreira). En 1909 viaxou unha comisión a Negreira para mercar o soar onde ía edificarse. Pero pronto as discrepancias dos socios sobre a elección do lugar onde ía ser construída a escola levarían a cambialo polo de Covas, no mesmo concello. Esta problemática na elección dos lugares onde se construirían as escolas provocou que moitos socios se desen de baixa, de 439 socios en 1908 pasouse a 227 en 1911. Finalmente, optouse polas parroquias con maior número de socios: San Vicenzo de Aro e San Xoán de Covas, do concello de Negreira, e no lugar de Seoane, na Baña.
Ata 1921 non comezaron as obras da primeira escola financiada pola sociedade, situada en Aro. Continuaron coa de Covas e xa na década dos 30 construíron a de Seoane. A todas elas acudían gratuitamente os alumnos «de clases pobres y menos acomodadas del Valle de Barcala y sus contornos, teniendo preferencia los familiares de los socios de la Unión Barcalesa».
Unha vez construídas as escolas, eran alugadas aos concellos, que as xestionaban. Tras a Guerra Civil, os edificios seguen a ser da súa propiedade, pero xestionados polo Estado como escolas unitarias.
Tamén tiñan o proxecto de construír un hospital comarcal, pero non o puideron levar a cabo por carecer de recursos financeiros. Durante os anos 20, participan activamente na vida local de Barcala, co apoio a diversas iniciativas, como a creación dun ferrocarril coa liña Bergantiños-Barcala-Santiago, a creación do xornal agrarista El Barcalés ou a campaña a prol da redención de foros do Directorio de Teis.
En 1930, inauguran no cemiterio Colón un panteón social.
En 1938, publican o seu primeiro regulamento social e cambian as súas finalidades, pasan a ser unha sociedade cultural e benéfica, sempre centrada na atención mutualista aos compatriotas residentes na Habana.
Esta sociedade segue a funcionar actualmente e mantén moi boas relacións co concello de Negreira e da Baña, berce dos seus fundadores, e coa sociedade barcalesa Alén Mar, que desde 1996 (ano da súa creación) traballa para conseguir fondos para as actividades da sociedade habaneira, axúdaos nos trámites coa Administración cubana e española, e manda, a través dos que se desprazan á illa, os medicamentos que dende alí máis solicitan.
Institución archivística
Historia archivística
Origen del ingreso o transferencia
Área de contenido y estructura
Alcance y contenido
Este fondo contén a seguinte documentación:
Conservada en formato dixital e impreso:
Actas das reunións das Xuntas Directivas dos anos 1912-1955, 1958, 1979-1997
Actas das reunións das Xuntas Xerais de socios dos anos 1907-2004
2 libros de rexistro de socios incompletos
Conservada en formato dixital:
Libro do Panteón Social dos anos 1931-1998
Carta do Ministro de Traballo (1969)
Carta do Cónsul Xeral de España en Cuba (1971)
Certificado do Secretario (1949)
Libro de caixa dos anos 1936-1943
Bono
18 fotografías
Conservada en formato papel (orixinal):
Regulamento (1982)
Publicación "Centenario da Unión Barcalesa da Habana" (2007)
Valorización, destrucción y programación
Acumulaciones
Aberto a novos ingresos
Sistema de arreglo
Área de condiciones de acceso y uso
Condiciones de acceso
Consulta en sala para investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria. Dispoñible para acceso en liña.
Condiciones
Permítese a súa reprodución dixital ou reprográfica
Idioma del material
español
Escritura del material
latín
Notas sobre las lenguas y escrituras
Características físicas y requisitos técnicos
Para a visualización dos documentos en formato pdf requírese un ordenador, que se pon a disposición dos investigadores.
Instrumentos de descripción
Área de materiales relacionados
Existencia y localización de originales
A propia institución
Existencia y localización de copias
Arquivo da Emigración Galega - CdC
Unidades de descripción relacionadas
Área de notas
Identificador/es alternativo(os)
Puntos de acceso
Puntos de acceso por materia
- EDUCACIÓN, PENSAMENTO E SOCIEDADE » Migracións » Emigración galega
- ESPAZOS E EVENTOS » Centros galegos
- TIPOS DE DOCUMENTOS » Documentación administrativa » Actas
- TIPOS DE DOCUMENTOS » Normas e directrices » Regulamentos
- TIPOS DE DOCUMENTOS » Libros
- TIPOS DE DOCUMENTOS » Documentación económica
- TIPOS DE DOCUMENTOS » Cartas
- TIPOS DE DOCUMENTOS » Fotografías
- TIPOS DE DOCUMENTOS » Folletos
- TIPOS DE DOCUMENTOS » Informes e memorias
- ESPAZOS E EVENTOS » Sepulcros
Puntos de acceso por autoridad
- Unión Barcalesa (Materia)
Tipo de puntos de acceso
Área de control de la descripción
Identificador de la descripción
Identificador de la institución
Reglas y/o convenciones usadas
NOGADA
Estado de elaboración
Nivel de detalle
Fechas de creación revisión eliminación
Creado por Adriana Cousillas o 01/08/2019. Modificada por Susana Guitar o 30/01/2024.
Idioma(s)
gallego
Escritura(s)
latín