ARQUIVO DO CONSELLO DA CULTURA GALEGA

Documentos | Persoas e entidades | Institucións | Materias | Lugares | Obxectos Dixitais

Unha fiestra aberta aos fondos documentais

Este repositorio ofrece acceso a descricións arquivísticas e documentos procedentes de diversos fondos e coleccións. A través deste espazo, garantimos a difusión deste acervo documental, ofrecendo unha ollada plural que abarca temáticas e procedencias moi diversas. Esta heteroxeneidade, aínda que supón un reto técnico na súa xestión, permite interconectar materiais únicos e ofrecer unha visión integral dos nosos fondos.

FONDOS E COLECCIÓNS

NO FOCO

Comezamos a difusión en liña dos materiais do proxecto Memoria en movemento do CDIF coa primeira entrega do agrupamento documental e arquivístico MFOG. Este presta atención especial aos feminismos en movemento, máis en concreto a grupos e colectivos que desenvolven ou desenvolveron a súa actividade en Galicia a partir da década dos sesenta do século XX. As súas producións constitúen unha fonte de recursos fundamental para coñecer as lóxicas e dinámicas na loita contra o patriarcado e androcentrismo en Galicia.

A publicación en liña destes materiais responde á vontade do CCG de garantir o acceso público a este rico patrimonio, favorecer a súa preservación para a memoria colectiva e facilitar investigacións, lecturas e recoñecementos.

Inauguramos este espazo coa documentación de 11 organizacións. A maioría comezaran a súa actividade na segunda metade da década dos setenta, dúas delas na década seguinte.

Doazóns

Se queres achegar documentación, ponte en contacto co noso persoal técnico.

Consultas

Se tes algunha consulta sobre os fondos, ponte en contacto co noso persoal técnico.

Reprodución de documentos

Se precisas solicitar algún documento, ponte en contacto co noso persoal técnico.

Benvida


Fondos documentais do Consello da Cultura Galega

O Consello da Cultura Galega ten como finalidade a defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego, entre eles o patrimonio documental. Os fondos recollidos neste repositorio forman parte da documentación xerada e recibida pola institución no exercicio das súas funcións e actividades, de doazóns procedentes de asociacións culturais e de arquivos persoais e familiares. A Área de Documentación do CCG (integrada pola Biblioteca e arquivo, Arquivo da Emigración Galega, Arquivo Sonoro de Galicia, Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia e máis o Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos) ocúpase da súa xestión e tratamento documental, co obxecto de poñelos a disposición do público e contribuír á investigación e á cultura.