Unidade documental composta 01 - Documentación relativa ao Panteón social da Liga Santaballesa no Cemiterio vello da parroquia de San Pedro de Santabaia

Open original Obxecto dixital

Área de identidade

Código(s) de referencia

ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-USant-02-03-01

Título

Documentación relativa ao Panteón social da Liga Santaballesa no Cemiterio vello da parroquia de San Pedro de Santabaia

Data(s)

  • 1931-1968 (Creación)

Nivel de descrición

Unidade documental composta

Extensión e medio

1 certificado, 1 acta, 3 recibís e 1 libreta coa relación de socios enterrados no Panteón da entidade

Área de contexto

Nome do creador

(1907-10-07 ata a actualidade)

Historia administrativa

Esta sociedade foi fundada na cidade da Habana por un grupo de emigrantes da comarca da Terra Chá (Lugo) que eran naturais dos concellos de Vilalba, Trasparga, Xermade, Muras, Cospeito e Abadín.
Entre os seus fundadores podemos citar a Manuel Arias, Juan Iglesias, Benigno Paz, Francisco Fernández, Crisanto Leal, Lucas Tenreiro, Aniceto González, Clemente Teniente, Ramón Ladra, Francisco Naveiro, Cosme Sacido, Antonio Paz, Agustín López, P. Vicente Vázquez, Manuel Villares, Jesús Castro, Eduardo Bello, Ramón Hermida, Manuel Seijido, Pedro Castro, Jesús Naseiro, Rosendo Iglesias, Andrés Pena, Francisco Otero, Pedro Castelo, Manuel Eumil, Santiago Prieto, José Hermida, Jesús Leal, Jesús Ledo, Ramón Gato, Ramón Carballido, Angel Yáñez, José Soto, Agustín González, Alejo López, Antonio Bello, Domingo Airado, Manuel González, José Castro, Antonio Pardo, Andrés Varela, Aquilino Soto, José María Balsa, Ramón Arias, José María Fernández, Vicente Iglesias, Manuel Bello, Manuel Naveiro, Andrés Sacido, Lorenzo Naveiro, Federico Ladra, Gabriel Ladra, Ramón Eumil, José Paz e Fermín F. Barro.
Foi creada coa finalidade de construír un colexio onde recibirían ensinanza os naturais das parroquias de Santaballa, Mourence, Vilalba, Lanzós, Lousada, Vilapedre, Burgás, Codesido, Gondaísque, Tardade e Distriz, que pertencían en 1907 aos concellos de Vilalba e Xermade.
No ano 1912 aproban en asemblea o inicio das obras de construción dun edificio que funcionaría como escola en Santaballa para todos os nenos e nenas da parroquia. En 1914 envían, a través de Agustín López, presidente da sociedade Unión Villalbesa, de viaxe por Galicia, a cantidade de 5500 pesetas para iniciar os traballos de construción do edificio; nesta tarefa participaron activamente moitos dos veciños.
Para axilizar as obras organizan unha comisión en Santaballa encargada de vixiar os traballos e o funcionamento das escolas; esta comisión estaba formada por Benito Prieto e Domingo Pérez e acabou convertida nunha delegación da Sociedade co mesmo nome e que aínda existe na actualidade.
En 1915, no lugar de Barreiro, inauguran outro edificio escolar, no que os veciños axudaron coa doazón das vigas e co carrexo da pedra necesaria.
Os edificios da súa propiedade foron sostidos economicamente dende a Habana ata a chegada da República, cando pasan a titularidade municipal.
No ano 1953 a Liga Santaballesa cambia os seus estatutos e pasa a ser unha sociedade de beneficencia e protección mutua, fins que segue a ter na actualidade.

Historia do arquivo

Fonte inmediata de adquisición ou transferencia

Área de contido e estrutura

Alcance e contido

Documentación relativa ao Panteón social da Liga Santaballesa no cemiterio vello da parroquia de Santabaia conservada en formato papel (fotocopias) (dixitalizado):

  • Certificado do Obispado de Mondoñedo coa cesión dun terreo no cemiterio parroquial para construír un Panteón da sociedade habaneira con catro nichos (24/12/1931) (1 páxina)
  • Acta do Consello Administrativo da Liga Santaballesa (delegación da entidade) con data do 21/03/1932 na que se trata a contratación do canteiro Felipe Gante Verdes para construír catro nichos no cemiterio de Santabaia (2 páxinas)
  • Recibí asinado polo crego da parroquia, Domingo Pérez Ocampo, da cantidade de 350 pesetas por parte da Liga Santaballesa para a construción do Panteón (3/01/1932)
  • Recibí dun arrimo do Panteón por parte do contratista (21/09/1932)
  • Recibí dunha Casa de ultramarinos por unha comida que se lles ofreceu aos canteiros polo remate das obras do Panteón (6/02/1933)
  • Libreta coa relación de enterrados nos catro nichos do Panteón da Liga Santaballesa na parroquia de Santabaia (1946-1968)

Valorización, destrución e programación

Acumulacións

Aberto a novos ingresos

Sistema de arranxo

Área de condicións de acceso e uso

Condicións que rexen o acceso

Consulta en sala para investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria

Condicións

Permítese a súa reprodución dixital ou reprográfica

Idioma do material

  • Español

Escritura do material

  • latino

Language and script notes

Características físicas e requerimentos técnicos

Fotocopias

Instrumentos de descrición

Área de materiais relacionados

Existencia e ubicación de orixinais

O arquivo da Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, na parroquia de Santabaia (Vilalba, Lugo)

Existencia e localización de copias

Arquivo da Emigración Galega - CdC

Unidades de descrición relacionadas

Descricións relacionadas

Área de notas

Identificador(es) alternativo(s)

Puntos de acceso

Descritores xénero-forma

Área de control da descrición

Identificador da descrición

Identificador da institución

Regras e/ou convencións usadas

NOGADA

Estado de elaboración

Borrador

Nivel de detalle

Parcial

Datas de creación revisión eliminación

Creado por Adriana Cousillas o 06/09/2019

Idioma(s)

  • galego

Escritura(s)

  • latino

Fontes

Obxecto dixital (Master) área de dereitos

Obxecto dixital (Referencia) área de dereitos

Obxecto dixital (Miniatura) área de dereitos

Área de acceso