Santaballa

Área de elementos

Taxonomía

Código

Nota(s) de alcance

    Nota(s) de fonte

    • Nomenclátor

    Nota(s) de despregue

      Termos xerárquicos

      Santaballa

      Santaballa

        Termos equivalentes

        Santaballa

        • UF San Pedro de Santaballa

        Termos asociados

        Santaballa

          51 Descrición arquivística results for Santaballa

          51 results directly related Exclude narrower terms
          ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-USant-01-01 · Unidade documental simple · 1907-10-07
          Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

          Documentación constitutiva da sociedade "Liga Santaballesa de Educación e Instrucción", conservada en formato dixital e impreso:

          • Acta de constitución do 07/10/1907 certificada polo secretario da entidade, Fermín Fraga Barro para inscribir á sociedade no Registro de Asociaciones de Cuba. Asinadas polo secretario e o presidente da Liga Santaballesa e refrendada polo gobernador provincial da Habana (6 páxinas mecanografadas)
          Liga Santaballesa de Educación e Instrucción
          ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-USant-02-01-01-04 · Unidade documental composta · 1952-1954
          Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

          PDF con 4 Actas de reunións da Xunta Directiva da sociedade "Liga Santaballesa de Educación e Instrucción", conservado en formato dixital e fotocopia:

          • 4 actas mecanografadas das varias reunións: do 12/11/1952, do 10/12/1952; do 14/01/1953 e do 8/12/1954 (4 páxinas)
          Liga Santaballesa de Educación e Instrucción
          Balance xeral de tesourería
          ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-USant-04-02-01 · Unidade documental simple · 1917-02-06
          Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

          1 Balance xeral de tesourería da sociedade "Liga Santaballesa de Educación e Instrucción", conservado en formato dixital:

          • Inventario e balance xeral de tesourería a 6 de febreiro de 1917, no que aparecen o capital pasivo, activo e o líquido (propiedades e cartos en efectivo) que posúe a sociedade. Informe asinado polo tesoureiro, Ramón Gato; o contador e o vicepresidente, Bernardo González. Este documento foi elaborado para ser presentado no Goberno da provincia da Habana, segundo a lei de asociacións e asinado a 7 de febreiro polo gobernador. (2 páxinas)
          Liga Santaballesa de Educación e Instrucción
          Balance xeral de tesourería
          ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-USant-04-02-02 · Unidade documental simple · 1968-01-01
          Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

          1 Balance xeral de tesourería da sociedade "Liga Santaballesa de Educación e Instrucción", conservado en formato impreso (fotocopia) e dixitalizado:

          • Balance xeral de tesourería a 31 de xaneiro de 1968, no que aparecen os ingresos, egresos e gastos xerais da sociedade habaneira. Informe elaborado polo tesoureiro, Brindis García López (sen asinar, copia) (1 páxina mecanografada)
          Liga Santaballesa de Educación e Instrucción
          ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-USant-02-02-03-02 · Unidade documental simple · 1907-10-12
          Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

          Bases e Regulamento xeral da sociedade "Liga Santaballesa de Educación e Instrucción" (copia dixitalizada da publicación):

          • Regulamento xeral da sociedade redactado por unha comisión nomeada en xunta xeral de socios integrada por: José Paz López, Fermín Fraga Barro, Pedro Castro Bello, José Soto Cuba, Agustín López, Cosme Sacido, José Hermida, Ramón Ladra, Pedro Vicente Vázquez, Santiago Prieto Rego, Manuel Eimil Ladra, Francisco Naseiro, Clemente Teniente e Domingo Airado. As bases regulamentarias da nova sociedade foron aprobadas o 15/09/1907. (Copia dixitalizada) (50 páxinas)
          Liga Santaballesa de Educación e Instrucción
          ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-USant-02-04-01-04 · Unidade documental simple · 1959-10-01
          Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

          Copia do borrador do contrato de compravenda do edificio escolar Liga Santaballesa:

          • Documento mecanografado no que consta a compravenda do edificio escolar polos membros do Padroado para continuar coas tarefas educativas do mesmo. Este documento de compravenda servirá para facer efectivo o cambio de propietarios que xa fora aprobado pola Liga Santaballesa había varios anos. Prezo de venda: 10.000 pesetas (2 páxinas dixitalizadas)
          Liga Santaballesa de Educación e Instrucción
          ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-USant-03-02-03-07 · Unidade documental simple · 1928-12-31
          Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

          1 Relación de asociados da Liga Santaballesa de Educación e Instrucción conservada en formato papel (fotocopias) e dixitalizada:

          • 1 Lista de asociados mecanografada no ano 1928 elaborada polo secretario da entidade habaneira, Rosendo Arias Naseiro (con sinatura). No censo aparecen só os socios que están ao día no pago das cotas sociais. Consta o seu nome e apelidos, número de inscrición, o enderezo do seu domicilio na Habana e o tipo de pago da cota (anual ou trimestral). En total a entidade conta con 154 socios en decembro de 1928 (3 páxinas).
          Liga Santaballesa de Educación e Instrucción
          ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-USant-03-02-03-06 · Unidade documental simple · 1927-12-31
          Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

          1 Relación de asociados da Liga Santaballesa de Educación e Instrucción conservada en formato papel (fotocopias) e dixitalizada:

          • 1 Censo de asociados a 31 de decembro de 1927 certificado polo secretario da entidade habaneira, Manuel González. Lista mecanografada na que consta o nome e apelidos do socio, o número de inscrición e o seu domicilio na Habana, ademais do tipo de pago da cota social (anual). Inclúe tamén os 6 socios ingresados nos primeiros días de xaneiro de 1928, en total 188 asociados (3 páxinas).
          Liga Santaballesa de Educación e Instrucción
          ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-USant-03-02-03-08 · Unidade documental simple · 1930-07-01
          Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

          1 Relación de asociados da Liga Santaballesa de Educación e Instrucción conservada en formato papel (fotocopias) e dixitalizada:

          • 1 Lista de asociados mecanografada feita a comezos de xullo de 1930. No censo aparecen o nome e apelidos dos socios, o número de inscrición e o enderezo do seu domicilio. En total a entidade conta con 132 socios (con dous nomes escritos a man) (6 páxinas).
          Liga Santaballesa de Educación e Instrucción
          ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-USant-02-04-01-03 · Unidade documental composta · 1917-1925
          Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

          Documentación fotocopiada e dixitalizada:

          1 pdf con documentación relativa á contratación dos profesores do Colexio da Liga Santaballesa:

          • 1 exame coas preguntas da oposición á escola Liga Santaballesa (26 de setembro de 1917) (documento manuscrito). (1 páxina)
          • 2 recibís do pago do soldo dos mestres do colexio Liga Santaballesa: 1 da mestra auxiliar Josefa Fernández de Pernas, que cobra a anualidade do curso 1924-25 (550 pesetas) (documento manuscrito e asinado o 2 de maio de 1925) e outro recibí do profesor por impartir clases o mes de abril (200 pesetas) (mecanografado e asinado o 30 de abril de 1925).

          Documentación en formato papel e fotocopiada:

          • Corrrespondencia do mestre coa Xunta administrativa e coa sociedade habaneira
          • Varios inventarios dos útiles e libros das escolas
          • Listados alumnos das escolas
          • Documentación dos mestres das escolas financiadas pola Liga: solicitudes laborais, nomeamentos, soldos, facturas etc.
          Liga Santaballesa de Educación e Instrucción
          ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-USant-02-03-01 · Unidade documental composta · 1931-1968
          Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

          Documentación relativa ao Panteón social da Liga Santaballesa no cemiterio vello da parroquia de Santabaia conservada en formato papel (fotocopias) (dixitalizado):

          • Certificado do Obispado de Mondoñedo coa cesión dun terreo no cemiterio parroquial para construír un Panteón da sociedade habaneira con catro nichos (24/12/1931) (1 páxina)
          • Acta do Consello Administrativo da Liga Santaballesa (delegación da entidade) con data do 21/03/1932 na que se trata a contratación do canteiro Felipe Gante Verdes para construír catro nichos no cemiterio de Santabaia (2 páxinas)
          • Recibí asinado polo crego da parroquia, Domingo Pérez Ocampo, da cantidade de 350 pesetas por parte da Liga Santaballesa para a construción do Panteón (3/01/1932)
          • Recibí dun arrimo do Panteón por parte do contratista (21/09/1932)
          • Recibí dunha Casa de ultramarinos por unha comida que se lles ofreceu aos canteiros polo remate das obras do Panteón (6/02/1933)
          • Libreta coa relación de enterrados nos catro nichos do Panteón da Liga Santaballesa na parroquia de Santabaia (1946-1968)
          Liga Santaballesa de Educación e Instrucción
          ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-USant-02-04-01-05 · Unidade documental composta · 1927-1968
          Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

          Documentación relativa á casa-escola de Fontepisón promovida pola sociedade "Liga Santaballesa", conservada en formato impreso (fotocopia) e dixital:

          • Licencia de obras para construír a casa-escola de Fontepisón concedida polo concello de Vilalba (1/07/1927) (2 páxinas)
          • Alzado e plano da casa-escola de Fontepisón feitos polo arquitecto Antonio Campello (Santabaia, 17/03/1927) (2 páxinas)
          • Prego de condicións para a carpintaría da casa-escola (1927) (1 páxina manuscrita)
          • Prego de condicións para a cantaría da casa-escola (28/07/1927) (4 páxinas manuscritas e asinadas)
          • Presuposto do canteiro Ramón Ramudo para realizar os traballos necesarios na casa-escola segundo indicacións (23/07/1927) (1 páxina manuscrita)
          • Prego de condicións para o peche de luces da casa-escola de Fontepisón (22/02/1928) (2 páxinas manuscritas e asinadas)
          • Presuposto dos carpinteiros Vicente e Antonio Gundín para traballar na casa-escola de Fontepisón (26/02/1928)
          • Informe dos gastos realizados na construción da casa-escola de Fontepisón (1927-1931) (3 páxinas manuscritas)
            Actas das xuntas administrativas entrantes aprobando a contabilidade da casa-escola levada a cabo polas saíntes:
          • Acta do 06/01/1953
          • Acta do 17/03/1961
          • Acta do 18/01/1968

          Conservada en formato impreso (fotocopia):

          • Listaxe de contribuíntes para construír o centro educativo
          • Recibís
          • Facturas
          • Correspondencia
          • Recortes de prensa
          Liga Santaballesa de Educación e Instrucción
          ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-USant-02-02-02-01 · Unidade documental simple · 1926-06-30
          Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

          1 folleto publicado na Habana en 1926 cos Estatutos xerais da sociedade "Liga Santaballesa de Educación e Instrucción" da Habana:

          • Estatutos Xerais e Regulamentos interiores da Liga Santaballesa de Educación e Instrucción. Inclúe o Regulamento xeral renovado da sociedade habaneira aprobado en Xunta Xeral de socios o 29 de xuño de 1926. Tamén aparece o Regulamento interior da Sección de Propaganda da entidade refrendado pola Xunta directiva o 11 de xullo de 1926 e o Regulamento da "Junta Administrativa de Santaballa" da Liga Santaballesa con data de 2 de maio de 1917. (Formato orixinal e dixitalizado) (65 páxinas)
          Liga Santaballesa de Educación e Instrucción
          ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-USant-01-02 · Unidade documental simple · 1907-10-07
          Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

          Documentación constitutiva da sociedade "Liga Santaballesa de Educación e Instrucción", conservada orixinal e dixital:

          • Copia facsimilar da Acta de constitución do 07/10/1907, publicada polo Padroado da Liga Santaballesa con motivo da celebración do centenario da creación da Liga Santaballesa na Habana. (27/01/2007) (4 páxinas) (orixinal)
          Liga Santaballesa de Educación e Instrucción
          Facturas das escolas
          ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-USant-04-03-01 · Unidade documental composta · 1909 -
          Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

          Facturas das escolas da sociedade "Liga Santaballesa", conservadas en formato papel (fotocopias):

          • Facturas relativas ao edificio escolar
          • Facturas relativas ao material didáctico
          Liga Santaballesa de Educación e Instrucción
          Facturas varias
          ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-USant-04-03-02 · Unidade documental composta · 1917 -
          Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

          Facturas da sociedade "Liga Santaballesa", conservadas en formato papel (fotocopias).

          Liga Santaballesa de Educación e Instrucción
          Fotografías
          ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-USant-06-01-01 · Unidade documental composta · 1907 -
          Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

          Fotografías da sociedade "Liga Santaballesa", conservadas en formato dixital:

          • 13 fotografías de reunións de socios da Liga Santaballesa: festivais societarios, banquetes de confraternidade celebrados na Polar ou entrega de premios de honra
          • 19 fotografías de actos de toma de posesión de diversas Directivas celebrados no Salón de Actos do Centro Galego da Habana
          • 4 fotografías do Panteón social no Cemiterio de Colón
          • 8 fotografías do Comité de damas da entidade en diversos actos sociais
          • 3 fotos de socios na súa vida cotiá
          • 4 fotos do edificio do Colexio Liga Santaballesa e dos seus alumnos e alumnas
          Liga Santaballesa de Educación e Instrucción
          ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-USant-02-04-01-07 · Unidade documental simple · 1949-12-12
          Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

          Inventario dos obxectos e libros da escola de Fontepisón da Liga Santaballesa a comezos do curso 1948-49:

          • Relación manuscrita dos materiais conservados no colexio asinado polo profesor Manuel López García (3 páxinas manuscritas e asinadas)
          Liga Santaballesa de Educación e Instrucción
          ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-USant-02-02-01-01 · Unidade documental composta · 1917-1938
          Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

          Libro de Actas das reunións das Xuntas Xerais de Socios da sociedade "Liga Santaballesa de Educación e Instrucción", conservado en formato dixital:

          • Libro con 115 actas manuscritas dende o 06/02/1917 ata o 20/12/1938 (315 páxinas): sen dixitalizar as páxinas 296-297
          Liga Santaballesa de Educación e Instrucción