File 05 - Documentación sobre a construción e mantemento da Casa-escola de Fontepisón

Open original Digital object

Identity area

Reference code

ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-USant-02-04-01-05

Title

Documentación sobre a construción e mantemento da Casa-escola de Fontepisón

Date(s)

  • 1927-1968 (Creation)

Level of description

File

Extent and medium

Documentación varia sobre a casa-escola de Fontepisón, construída pola Liga Santaballesa

Context area

Name of creator

(1907-10-07 ata a actualidade)

Administrative history

Esta sociedade foi fundada na cidade da Habana por un grupo de emigrantes da comarca da Terra Chá (Lugo) que eran naturais dos concellos de Vilalba, Trasparga, Xermade, Muras, Cospeito e Abadín.
Entre os seus fundadores podemos citar a Manuel Arias, Juan Iglesias, Benigno Paz, Francisco Fernández, Crisanto Leal, Lucas Tenreiro, Aniceto González, Clemente Teniente, Ramón Ladra, Francisco Naveiro, Cosme Sacido, Antonio Paz, Agustín López, P. Vicente Vázquez, Manuel Villares, Jesús Castro, Eduardo Bello, Ramón Hermida, Manuel Seijido, Pedro Castro, Jesús Naseiro, Rosendo Iglesias, Andrés Pena, Francisco Otero, Pedro Castelo, Manuel Eumil, Santiago Prieto, José Hermida, Jesús Leal, Jesús Ledo, Ramón Gato, Ramón Carballido, Angel Yáñez, José Soto, Agustín González, Alejo López, Antonio Bello, Domingo Airado, Manuel González, José Castro, Antonio Pardo, Andrés Varela, Aquilino Soto, José María Balsa, Ramón Arias, José María Fernández, Vicente Iglesias, Manuel Bello, Manuel Naveiro, Andrés Sacido, Lorenzo Naveiro, Federico Ladra, Gabriel Ladra, Ramón Eumil, José Paz e Fermín F. Barro.
Foi creada coa finalidade de construír un colexio onde recibirían ensinanza os naturais das parroquias de Santaballa, Mourence, Vilalba, Lanzós, Lousada, Vilapedre, Burgás, Codesido, Gondaísque, Tardade e Distriz, que pertencían en 1907 aos concellos de Vilalba e Xermade.
No ano 1912 aproban en asemblea o inicio das obras de construción dun edificio que funcionaría como escola en Santaballa para todos os nenos e nenas da parroquia. En 1914 envían, a través de Agustín López, presidente da sociedade Unión Villalbesa, de viaxe por Galicia, a cantidade de 5500 pesetas para iniciar os traballos de construción do edificio; nesta tarefa participaron activamente moitos dos veciños.
Para axilizar as obras organizan unha comisión en Santaballa encargada de vixiar os traballos e o funcionamento das escolas; esta comisión estaba formada por Benito Prieto e Domingo Pérez e acabou convertida nunha delegación da Sociedade co mesmo nome e que aínda existe na actualidade.
En 1915, no lugar de Barreiro, inauguran outro edificio escolar, no que os veciños axudaron coa doazón das vigas e co carrexo da pedra necesaria.
Os edificios da súa propiedade foron sostidos economicamente dende a Habana ata a chegada da República, cando pasan a titularidade municipal.
No ano 1953 a Liga Santaballesa cambia os seus estatutos e pasa a ser unha sociedade de beneficencia e protección mutua, fins que segue a ter na actualidade.

Archival history

Immediate source of acquisition or transfer

Content and structure area

Scope and content

Documentación relativa á casa-escola de Fontepisón promovida pola sociedade "Liga Santaballesa", conservada en formato impreso (fotocopia) e dixital:

  • Licencia de obras para construír a casa-escola de Fontepisón concedida polo concello de Vilalba (1/07/1927) (2 páxinas)
  • Alzado e plano da casa-escola de Fontepisón feitos polo arquitecto Antonio Campello (Santabaia, 17/03/1927) (2 páxinas)
  • Prego de condicións para a carpintaría da casa-escola (1927) (1 páxina manuscrita)
  • Prego de condicións para a cantaría da casa-escola (28/07/1927) (4 páxinas manuscritas e asinadas)
  • Presuposto do canteiro Ramón Ramudo para realizar os traballos necesarios na casa-escola segundo indicacións (23/07/1927) (1 páxina manuscrita)
  • Prego de condicións para o peche de luces da casa-escola de Fontepisón (22/02/1928) (2 páxinas manuscritas e asinadas)
  • Presuposto dos carpinteiros Vicente e Antonio Gundín para traballar na casa-escola de Fontepisón (26/02/1928)
  • Informe dos gastos realizados na construción da casa-escola de Fontepisón (1927-1931) (3 páxinas manuscritas)
    Actas das xuntas administrativas entrantes aprobando a contabilidade da casa-escola levada a cabo polas saíntes:
  • Acta do 06/01/1953
  • Acta do 17/03/1961
  • Acta do 18/01/1968

Conservada en formato impreso (fotocopia):

  • Listaxe de contribuíntes para construír o centro educativo
  • Recibís
  • Facturas
  • Correspondencia
  • Recortes de prensa

Appraisal, destruction and scheduling

Accruals

Aberto a novos ingresos

System of arrangement

Conditions of access and use area

Conditions governing access

Consulta en sala para investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria. Documentación dispoñible en liña

Conditions governing reproduction

Permítese a súa reprodución dixital ou reprográfica. Fotocopias

Language of material

  • Spanish

Script of material

  • Latin

Language and script notes

Physical characteristics and technical requirements

Finding aids

Allied materials area

Existence and location of originals

Arquivo da Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, na parroquia de Santabaia (Vilalba, Lugo)

Existence and location of copies

Arquivo da Emigración Galega - CdC

Related units of description

Related descriptions

Notes area

Alternative identifier(s)

Access points

Place access points

Name access points

Genre access points

Description control area

Description identifier

Institution identifier

Rules and/or conventions used

NOGADA

Status

Draft

Level of detail

Partial

Dates of creation revision deletion

Creado por Adriana Cousillas o 06/09/2019
Actualizado por M.ª Teresa García o 05/11/2025

Language(s)

  • Galician

Script(s)

  • Latin

Sources

Digital object (Master) rights area

Digital object (Reference) rights area

Digital object (Thumbnail) rights area

Accession area