Área de identidad
Código de referencia
Título
Fecha(s)
- 1927-1968 (Creación)
Nivel de descripción
Volumen y soporte
Documentación varia sobre a casa-escola de Fontepisón, construída pola Liga Santaballesa
Área de contexto
Nombre del productor
Historia administrativa
Esta sociedade foi fundada na cidade da Habana por un grupo de emigrantes da comarca da Terra Chá (Lugo) que eran naturais dos concellos de Vilalba, Trasparga, Xermade, Muras, Cospeito e Abadín.
Entre os seus fundadores podemos citar a Manuel Arias, Juan Iglesias, Benigno Paz, Francisco Fernández, Crisanto Leal, Lucas Tenreiro, Aniceto González, Clemente Teniente, Ramón Ladra, Francisco Naveiro, Cosme Sacido, Antonio Paz, Agustín López, P. Vicente Vázquez, Manuel Villares, Jesús Castro, Eduardo Bello, Ramón Hermida, Manuel Seijido, Pedro Castro, Jesús Naseiro, Rosendo Iglesias, Andrés Pena, Francisco Otero, Pedro Castelo, Manuel Eumil, Santiago Prieto, José Hermida, Jesús Leal, Jesús Ledo, Ramón Gato, Ramón Carballido, Angel Yáñez, José Soto, Agustín González, Alejo López, Antonio Bello, Domingo Airado, Manuel González, José Castro, Antonio Pardo, Andrés Varela, Aquilino Soto, José María Balsa, Ramón Arias, José María Fernández, Vicente Iglesias, Manuel Bello, Manuel Naveiro, Andrés Sacido, Lorenzo Naveiro, Federico Ladra, Gabriel Ladra, Ramón Eumil, José Paz e Fermín F. Barro.
Foi creada coa finalidade de construír un colexio onde recibirían ensinanza os naturais das parroquias de Santaballa, Mourence, Vilalba, Lanzós, Lousada, Vilapedre, Burgás, Codesido, Gondaísque, Tardade e Distriz, que pertencían en 1907 aos concellos de Vilalba e Xermade.
No ano 1912 aproban en asemblea o inicio das obras de construción dun edificio que funcionaría como escola en Santaballa para todos os nenos e nenas da parroquia. En 1914 envían, a través de Agustín López, presidente da sociedade Unión Villalbesa, de viaxe por Galicia, a cantidade de 5500 pesetas para iniciar os traballos de construción do edificio; nesta tarefa participaron activamente moitos dos veciños.
Para axilizar as obras organizan unha comisión en Santaballa encargada de vixiar os traballos e o funcionamento das escolas; esta comisión estaba formada por Benito Prieto e Domingo Pérez e acabou convertida nunha delegación da Sociedade co mesmo nome e que aínda existe na actualidade.
En 1915, no lugar de Barreiro, inauguran outro edificio escolar, no que os veciños axudaron coa doazón das vigas e co carrexo da pedra necesaria.
Os edificios da súa propiedade foron sostidos economicamente dende a Habana ata a chegada da República, cando pasan a titularidade municipal.
No ano 1953 a Liga Santaballesa cambia os seus estatutos e pasa a ser unha sociedade de beneficencia e protección mutua, fins que segue a ter na actualidade.
Institución archivística
Historia archivística
Origen del ingreso o transferencia
Área de contenido y estructura
Alcance y contenido
Documentación relativa á casa-escola de Fontepisón promovida pola sociedade "Liga Santaballesa", conservada en formato impreso (fotocopia) e dixital:
- Licencia de obras para construír a casa-escola de Fontepisón concedida polo concello de Vilalba (1/07/1927) (2 páxinas)
- Alzado e plano da casa-escola de Fontepisón feitos polo arquitecto Antonio Campello (Santabaia, 17/03/1927) (2 páxinas)
- Prego de condicións para a carpintaría da casa-escola (1927) (1 páxina manuscrita)
- Prego de condicións para a cantaría da casa-escola (28/07/1927) (4 páxinas manuscritas e asinadas)
- Presuposto do canteiro Ramón Ramudo para realizar os traballos necesarios na casa-escola segundo indicacións (23/07/1927) (1 páxina manuscrita)
- Prego de condicións para o peche de luces da casa-escola de Fontepisón (22/02/1928) (2 páxinas manuscritas e asinadas)
- Presuposto dos carpinteiros Vicente e Antonio Gundín para traballar na casa-escola de Fontepisón (26/02/1928)
- Informe dos gastos realizados na construción da casa-escola de Fontepisón (1927-1931) (3 páxinas manuscritas)
Actas das xuntas administrativas entrantes aprobando a contabilidade da casa-escola levada a cabo polas saíntes: - Acta do 06/01/1953
- Acta do 17/03/1961
- Acta do 18/01/1968
Conservada en formato impreso (fotocopia):
- Listaxe de contribuíntes para construír o centro educativo
- Recibís
- Facturas
- Correspondencia
- Recortes de prensa
Valorización, destrucción y programación
Acumulaciones
Aberto a novos ingresos
Sistema de arreglo
Área de condiciones de acceso y uso
Condiciones de acceso
Consulta en sala para investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria. Documentación dispoñible en liña
Condiciones
Permítese a súa reprodución dixital ou reprográfica. Fotocopias
Idioma del material
español
Escritura del material
latín
Notas sobre las lenguas y escrituras
Características físicas y requisitos técnicos
Instrumentos de descripción
Área de materiales relacionados
Existencia y localización de originales
Arquivo da Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, na parroquia de Santabaia (Vilalba, Lugo)
Existencia y localización de copias
Arquivo da Emigración Galega - CdC
Unidades de descripción relacionadas
Área de notas
Identificador/es alternativo(os)
Puntos de acceso
Puntos de acceso por materia
- ARTE E HISTORIA » Migracións » Emigración galega
- ACONTECEMENTOS/ ESPAZOS/ EVENTOS » Centros galegos
- ACONTECEMENTOS/ ESPAZOS/ EVENTOS » Escolas
- TIPOS DE DOCUMENTOS » Documentación económica
- ARTE E HISTORIA » Arte » Artes visuais » Arquitectura
- TIPOS DE DOCUMENTOS » Documentación administrativa » Actas
- TIPOS DE DOCUMENTOS » Dosieres
- TIPOS DE DOCUMENTOS » Documentación administrativa
Puntos de acceso por lugar
- América » Antillas » Cuba » A Habana
- Europa » España » Galicia » Lugo (Provincia) » Vilalba » Santaballa
Puntos de acceso por autoridad
Tipo de puntos de acceso
Área de control de la descripción
Identificador de la descripción
Identificador de la institución
Reglas y/o convenciones usadas
NOGADA
Estado de elaboración
Nivel de detalle
Fechas de creación revisión eliminación
Creado por Adriana Cousillas o 06/09/2019
Actualizado por M.ª Teresa García o 05/11/2025
Idioma(s)
gallego
Escritura(s)
latín
