Libro de Actas das reunións das Asembleas Xerais de socios que vai do 28 de agosto de 1955 ata o 12 de marzo de 1959.
UntitledESPAZOS E EVENTOS
2651 Archival description results for ESPAZOS E EVENTOS
Libro de Actas para a creación dunha asociación dos socios máis novos da entidade, pero que seguirán formando parte da mesma. Recóllense as actas das primeiras reunións, do 29 de marzo de 1967 ata o 12 de abril dese mesmo ano.
UntitledLibro no que aparecen os nomes de todos os socios que asistiron as diversas reunións das Asembleas Xerais do 9 de abril de 1951 (continuación da reunión anterior do 4 de abril dese ano) ata o 23 de abril de 1965.
UntitledEstes primeiros estatutos sociais foron aprobados o 17 de maio de 1910. Ao longo da súa historia a sociedade foi reformando os seus estatutos.
UntitledPrograma das actividades organizadas pola entidade para celebrar o Entroido de 1956 con dous festivais amenizados polas orquestras Columbia e Bohemia os días 12 e 14 de febreiro. Ademais o día 19 de febreiro haberá un baile de piñata
e terá lugar o enterro da sardiña. Todo organizado para desfrute dos socios e socias.
Programa das actividades organizadas pola entidade para o mes de maio de 1956. O día 6 organiza un baile amenizado pola orquestra Costa Rica e un concurso de "Jotas e muiñeiras". E o día 26 celebra a Festa do Mantón, cun concurso para o mellor e máis bonito.
UntitledPrograma das actividades organizadas pola entidade para o mes de febreiro de 1957. Os días 3 e 17 celébrase un baile coa orquestra Columbia. O día 10 hai unha gran festa infantil. E o 24 hai unha gran velada gallega conmemorando o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, coa actuación da Coral do Centro "Anaquiños da Terra".
UntitledVelada a cargo da masa coral "Anaquiños da Terra" baixo a dirección de A. Abuín. A velada celébrase por petición dos asociados da entidade.
UntitledPrograma das actividades organizadas pola entidade para o mes de xuño de 1957 para celebrar as festividades de San Antonio e a noite de San Xoán.
UntitledInforma da Velada organizada pola Coral do centro "Anaquiños da Terra" en homenaxe ao seu director, Avelino Abuín de Tembra na que haberá unha representación teatral, a actuación da Coral "Cantos y Danzas de Galicia", xogos florais e un concurso de regueifas. A velada remata cun baile para todos os e as socias que queiran asistir. A homenaxe será o 25 de maio de 1958.
UntitledPrograma das actividades organizadas pola entidade para celebrar o Entroido de 1961, con bailes para os socios e as socias e as festas tradicionais como un concurso de disfraces, unha piñata ou o "Enterro da sardiña".
UntitledCarné de socio de Ramiro Vidal Carrera, fundador e socio número 1 de "Juventud de Galicia". Con fotografía.
UntitledLibro que recolle as dedicatorias e sinaturas dos persoeiros que visitaron á entidade (políticos, escritores, xornalistas, artistas, músicos ....). Podemos destacar entre outras moitas a visita de Manuel Lugrís Freire, Ramón Piñeiro, Alvaro Cunqueiro, Manuel María, Ramón Otero Pedrayo, Manuel Rodrígues Lapa, Ricardo Carballo Calero, Carlos Casares etc.
UntitledPublicación editada con motivo da celebración do XIX aniversario fundacional da entidade celebrado o 10 de novembro de 1927. Conta con dedicatorias de persoeiros como o cónsul de España en Lisboa, F. Somoza e fotografías dedicadas dos reis de España e do presidente do goberno, Miguel Primo de Rivera. Consta de noticias sobre as actividades da colectividade galega en Lisboa e da entidade. Hai artigos sobre Galicia e sobre a súa literatura, ademais da reprodución de poemas en galego de Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Eduardo Pondal, Antonio Varela Noriega etc.
Libro de rexistro de socios da sociedade "Progreso de Lousada" dos anos 1941 a ca. 1957 (21 follas), conservado en formato dixital.
UntitledFotografías da sociedade "Progreso de Lousada", conservadas en formato dixital:
- 4 fotografías realizadas en reunións da Xunta Xeral de Socios
- 1 fotografía da Xunta Directiva
Expediente de fusión das sociedades "Progreso de Lousada" e "Hijos de Roupar" na sociedade de nova creación "Roupar y Lousada", conservado en formato papel (fotocopias):
- Regulamento aprobado en Xunta Xeral Extraordinaria o 05/05/1957
- Inventario de propiedades de ambas sociedades
- Acta de fusión do 05/07/1957
- Envío para aprobación do Gobernado da Provincia de A Habana (05/07/1957)
Libros de actas das reunións das Xuntas Directivas da sociedade "Hijos del Distrito de Sarria, Sociedad de Beneficencia y Protección Mutua", conservado en formato dixital e impreso:
- Libro con 32 actas (56 páxinas) dende o 01/04/1917 ata o 25/06/1919
- Libro con 158 actas (320 páxinas) dende o 23/08/1919 ata o 10/02/1933
- Libro con 105 actas (200 páxinas) dende o 20/04/1933 ata o 15/03/1943
Regulamento da sociedade "Hijos del Distrito de Sarria, Sociedad de Beneficencia y Protección Mutua" conservado en folleto orixinal e na edición facsímil: "Regulamentos e Estatutos das Sociedades Galegas de Cuba" editada pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia:
- Regulamento aprobado en Xunta Xeral Extraordinaria o día 22/12/1955 (56 páxinas)
Correspondencia mantida entre o Presidente da sociedade "Hijos del Distrito de Sarria, Sociedad de Beneficencia y Protección Mutua", Antonio Sobrado, e Enrique López Álvarez, Balbina Rodríguez de Alonso, Pedro Páramo Arias e Juan López y López, entre outros, en referencia as escolas da sociedade, conservada en formato papel (fotocopias).
Untitled