Item 07 - Libro de Presenzas nas Asembleas Xerais de socios (1951-1965)

Open original Digital object

Identity area

Reference code

ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-POR-XuvG-02-02-01-07

Title

Libro de Presenzas nas Asembleas Xerais de socios (1951-1965)

Date(s)

  • 1951-1965 (Creation)

Level of description

Item

Extent and medium

91 páxinas

Context area

Name of creator

(1908-11-10 ata a actualidade)

Administrative history

Esta entidade foi creada en novembro de 1908 por un grupo de mozos galegos residentes en Lisboa. Nun primeiro momento querían organizar un rondalla musical. Mais ante a boa acollida da idea no seo da colectividade deciden fundar unha asociación cultural, recreativa e de instrución “Juventud de Galicia”. A primeira directiva desta nova entidade estivo formada por Manuel Álvarez Cobas, como presidente, José Lorenzo Cuevas, vicepresidente, Ramiro Vidal Carrera, primeiro secretario; Marcelino Outerelo Rocha, contador; Emilio Mobilla Rodríguez, tesoureiro, Ramiro Martín y Martín e Francisco Sánchez, como vogais.
En maio de 1910 os socios, reunidos en asemblea xeral, aproban os estatutos regulamentarios cos que se debía rexer a entidade. Aínda que nun primeiro momento a idea era crear unha sociedade recreativa para fomentar a irmandade e solidariedade entre os membros da colectividade galega asentada na capital portuguesa, axiña se amplía o seu radio de acción á instrución como un medio para acadar a integración social e obter mellores oportunidades laborais dos seus membros no país de acollida.
Nos anos 20 e 30 a asociación estaba plenamente recoñecida na vida cultural e social de Lisboa e as súas reunións aparecían referenciadas non só na prensa da colectividade española senón tamén na portuguesa. Á vez que mantiña a súa acción solidaria cos asociados máis necesitados, primaba a súa finalidade recreativa como medio para manter os lazos de unión de todos os emigrantes galegos que alí residían. Periodicamente organizaba festas, xantares e homenaxes a intelectuais e persoeiros destacados tanto galegos como portugueses.
En 1955 crea o conxunto coral e artístico “Anaquiños da Terra” para difundir a música e o baile tradicional galego. As súas representacións teatrais e musicais serven para reafirmar a identidade cultural dos e das galegas residentes no país veciño.
“Xuventude de Galicia”, ao longo destes máis de cen anos de vida, organiza numerosos actividades e festas para os socios como o aniversario social, o nadal, o entroido etc. sen esquecer os eventos culturais arredor da celebración do Día das Letras Galegas ou da cultura portuguesa. Destaca tamén polas súas actividades deportivas coa creación dun equipo de fútbol de grandes triunfos nos anos 50 e 60.
Un dos socios máis xenerosos e implicados no desenvolvemento desta entidade foi o empresario de orixe galega, Manuel Cordo Boullosa quen ocupou varios cargos directivos e que en 1988 doou á entidade un fermoso palacete do século XIX, actual sede social. Este pazo é considerado a casa de todos e todas as galegas que visitan a cidade. Alí organízanse na actualidade as numerosas actividades culturais e recreativas organizadas por esta entidade a beneficio dos e das socias do centro e da sociedade lisboeta en xeral.

Archival history

Immediate source of acquisition or transfer

Doazón da Secretaría Xeral de Emigración. Xunta de Galicia

Content and structure area

Scope and content

Libro no que aparecen os nomes de todos os socios que asistiron as diversas reunións das Asembleas Xerais do 9 de abril de 1951 (continuación da reunión anterior do 4 de abril dese ano) ata o 23 de abril de 1965.

Appraisal, destruction and scheduling

Accruals

System of arrangement

Conditions of access and use area

Conditions governing access

Consulta en sala para os investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria. Dispoñible para o acceso en liña.

Conditions governing reproduction

Language of material

  • Spanish

Script of material

  • Latin

Language and script notes

Physical characteristics and technical requirements

Finding aids

Allied materials area

Existence and location of originals

No arquivo da entidade

Existence and location of copies

Arquivo da Emigración Galega (CCG)
Secretaría Xeral de Emigración. Xunta de Galicia

Related units of description

Related descriptions

Notes area

Note

Nalgúns casos os nomes son ilexibles porque son sinaturas de cada socio e non se poden ler.

Alternative identifier(s)

Access points

Place access points

Name access points

Genre access points

Description control area

Description identifier

Institution identifier

Rules and/or conventions used

NOGADA

Status

Draft

Level of detail

Partial

Dates of creation revision deletion

Language(s)

  • Galician

Script(s)

  • Latin

Sources

Digital object (Master) rights area

Digital object (Reference) rights area

Digital object (Thumbnail) rights area

Accession area