Carta enviada aos centros galegos na Suiza pola Irmandade Galega na Suiza, na que indican os puntos tocados na ponencia celebrada no 2º congreso da Federación de Sociedades Galegas na Suiza (FSGS) o 03/04/1982, conservada en formato papel.
UntitledEuropa
1799 Archival description results for Europa
Tarxetas postais enviadas pola Irmandade Galega na Suiza para felicitar as festas navideñas, conservadas en formato papel:
- Tarxeta enviada en 1987 para felicitar o ano novo 1988
- Tarxeta sen datar
Carteis da montaxe audiovisual "Historia de Galicia" organizada pola Irmandade Galega na Suiza e Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego, conservados en formato papel:
- Tamaño 300 x 214 mm
- Tamaño 423 x 300 mm
Documentos das Xornadas Galegas organizadas pola Irmandade Galega na Suiza, conservados en formato papel:
- "Escolma Poética" de Xosé Luis Méndez Ferrín, editada pola Irmandade Galega na Suiza co gallo das Xornadas Galegas de Xenebra de maio de 1974
- Programa das IIª Xornadas de 1974
Folletos editados pola Irmandade Galega na Suiza, conservados en formato papel:
- Programa organizado por "Cantigas da Terra" coa colaboración da IGS (15/07/1980)
- Programa de actividades do XVIIº torneo de fútbol da Ascensión (28/05/1992)
- Programa de actividades da Festa do XXº Aniversario (09/10/1993)
- Programa de actividades da Festa do XXIIº Aniversario (21/10/1995)
- Programa de actividades do Iº torneo de fútbol sala (11/02/1996)
- Libro de receitas de curso de cociña (10/2002)
Enquisas Censo Cultural relativas a Entidades e a Medios de comunicación, cubertas pola asociación Galiza Hoxe a petición do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, conservadas en formato papel.
UntitledCarta enviada por Galiza Hoxe Asociación Cultural Galega solicitando o pago da cuota anual para poder sufragar, entre outras cousas, o seu programa de radio semanal, conservada en formato papel.
UntitledCarta enviada o 26/11/1980 por Carlos Xohan Díaz, da sociedade Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego, á Presidencia do Congreso da fundación da FSGS, coa proposta de modificacións do borrador de Estatutos da Federación de Sociedades Galegas na Suiza (FSGS), conservada en formato papel.
UntitledPoemario "Mortos porque Galicia viva" (1973) de Daniel Méndez O'Donnell (pseudónimo de Darío Xohán Cabana) que incorpora unha pegatina publicitaria do programa de radio "Galiza sempre" da asociación Galiza Hoxe, conservado en formato papel.
Trátase dun folleto clandestino que contén 4 poemas: "Alfonso Daniel Rodríguez Castelao", "Roi Xordo", "Alexandre Bóveda" e "Daniel Niebla e Amador Rei".
Esta publicación societaria foi creada para difundir a cultura galega entre a colectividade emigrada; no número consultado fan a reprodución da revista «Festa da palabra silenciada» dedicado a Francisca Herrera Garrido (nota bibliográfica e análise da súa obra), acompañado dunha entrevista con Ricardo Carvalho Calero e diferentes poesías.
Número conservado en formato papel (fotocopias):
1986: xaneiro (n. especial)
UntitledEste fondo contén a seguinte documentación:
Conservada en formato papel (fotocopias):
Estatutos (1973)
Conservada en formato papel (orixinais):
1 pin conmemorativo
UntitledEstatutos da sociedade, aprobados en Asemblea Extraordinaria o día 31 de maio de 1973, pasando a denominarse "Centro Gallego de Berna", conservados en formato papel (fotocopias).
UntitledPin conmemorativo do XXXV aniversario da entidade coa representación do mapa de Galicia, a bandeira e un hórreo.
UntitledActas das reunións da Comisión Executiva da Federación de Sociedades Galegas na Suiza, conservadas en formato papel:
- 1980: 29 de marzo; 10 de maio; 14 de setembro; 18 e 29 de novembro; 6 de decembro
- 1981: 24 de xaneiro; 14 de febreiro; 14 de marzo; 11 de abril; 21 de novembro
Circular enviada polo Vicepresidente da Federación de Sociedades Galegas na Suiza, José Pereira, aos centros que a conforman para informalos do acordo adoptado na Asemblea de Delegados celebrada en Xenebra o día 14 de marzo de 1981. Nesa Asemblea acordouse celebrar en Lausanne o Día de Galicia na Suiza nos días 4 e 5 de xullo. Para a súa celebración insta a creación dunha comisión en cada centro participante e á súa comunicación inmediata co obxectivo de convocar unha xuntanza a nivel nacional.
UntitledEstatutos da "Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia" conservados en formato papel e dixital:
- Estatutos aprobados pola Xunta Xeral o 11/01/1932 (48 páxinas)
- Estatutos aprobados pola Xunta Xeral o 18/09/1936 (51 páxinas)
- Estatutos aprobados pola Xunta Xeral o 30/03/1941 (55 páxinas)
- Estatutos aprobados pola Xunta Xeral o 17/04/1959 (44 páxinas)
Fichas de altas e baixas de socios da "Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia".
Conservadas en formato dixital:
- Fichas de baixas: 9.026 fotogramas das fichas relativas ás baixas de socios da entidade dende a súa fundación, organizadas por orde alfabética, dixitalizadas da A á Z.
- Fichas de altas: 245 fotogramas das fichas relativas ás altas de socios da entidade, organizadas por orde alfabética, dixitalizadas da A á C.
- Fichas de exiliados: Ramón Fernández Mato e José Rubia Barcia: 4 fotogramas
Conservada en formato papel (fotocopia):
- Ficha de socio nº 3233
Publicacións que forman parte da biblioteca da "Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia".
Conservadas en formato dixital e impreso:
- Portada de "Grafía Galega" de Fuco G. Gómez, publicado na Habana en 1927.
- Portada de "Covadonga : Epopeya en XV gestas" de José Rubinos, publicado na Habana en 1950.
- Portada de "Galicia" de Juan Rivero, publicado na Habana en 1905.
- "Cantigas d'a miña terra : álbum de melodías gallegas" de Jose Barreiro (14 páxinas), publicado na Habana en 1942. O deseño da portada é de Camilo Díaz Baliño. Inclúe partituras musicais de pezas tradicionais galegas.
Conservadas en formato dixital:
- "A Terra : revista mensual órgano del Centro Gallego", publicada en Córdoba (Arxentina) (34 páxinas)
- Novela "Como son os do Glorioso" de Xesús Fernández e González. O deseño da portada é de Camilo Díaz Baliño. Na revista "Lar", ano 2, n. 7 (23/05/1925) (27 páxinas)
- Número extraordinario de "Vida Gallega : órgano oficial de la Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia", ano 2, n. 12-14 (25/07/1939) (9 páxinas)
- Obra de teatro "Santa Misión", publicada na Habana en 1896.
Convite da xunta directiva da "Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia" a unha misa para celebrar a festividade de Santiago Apóstolo (2002), conservado en formato papel.
UntitledLibro de rexistro de propiedades e valores da "Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia" de pisos, locais, terreos, … que actualmente están expropiados polo goberno cubano. Libro de 16 páxinas (04-05/1932) conservado en formato dixital.
Untitled