Planos de construcción do edificio da sociedade "Círculo Habanero de La Devesa" na Devesa, Ribadeo, asinados polo aparellador Domingo Rañón Fernández (30/11/1920), conservados en formato dixital e impreso.
Círculo Habanero de La DevesaEuropa
1799 Descrición arquivística resultados para Europa
O número consultado está dedicado integramente á celebración do Milenario da lingua castelá e todos os actos organizados con este motivo, tanto os que se celebraron en España como os que a sociedade Caballeros de Santiago organizou na Bahía. Ademais hai un resumo histórico da entidade, dende a súa fundación ata ese momento.
Número conservado en formato papel:
1977: n. 11
Asociación cultural Hispano-Galega Caballeros de SantiagoEsta publicación en español e inglés foi editada como voceiro desta sociedade para informar das súas actividades e do que ofrecen aos socios. Aparecen noticias sobre as diversas sociedades galegas da cidade.
Números conservados en formato papel:
1965: n. 1
1968: n. especial polo centenario social
Poder notarial (7 páxinas) outorgado o 07/09/1959 a favor de Gumersindo Criado Durán para administrar a Casa-Escola da sociedade "Ferrol y su comarca" no concello de Moeche, conservado en formato dixital e impreso.
Ferrol y su comarca, Sociedad de Beneficencia y Protección MutuaPolíptico do "Gran encontro de gallegos del mundo" celebrado en Barcelona en 2005 organizado pola AEGA-CAT, conservado en formato papel.
Asociación de Empresarios Gallegos en CataluñaTranscrición da ponencia presentada polo centro no Congreso de Emigración Gallega os días 12 a 14 de setembro de 1974
Centro Gallego de Buenos AiresPonencia que o "Centro Benéfico Social Fillos da Estrada" propón para o Consello de Comunidades Galegas a celebrar en Galicia en outubro de 1986, conservada en formato papel (fotocopias):
- Documento mecanoscrito en papel timbrado e selado (8 páxinas)
Número especial do 80º Aniversario da entidade: 1918-1998
Hijos del Ayuntamiento de Puerto del SonEdición especial da revista "Bohemia" que deu comezo acompañando ao número 1.363 da revista, publicado en agosto de 1989. O motivo desta serie foi dar conta da presencia de Galicia en Venezuela e xurdiu grazas ao aporte de diversas empresas e á colaboración da Xunta Directiva da "Hermandad Gallega de Venezuela".
Número conservado en formato papel:
[1989]: n. especial
Hermandad Gallega de VenezuelaPresuposto para realizar os traballos de arranxo da casa-escola "Progreso de Lanzós":
- Presuposto do construtor Antonio Peranas para realizar tarefas de mantemento do edificio da casa-escola de Lanzós (pintura, arranxo do tellado, cristais e corda do reloxio) (22 de maio de 1932) (1 páxina manuscrita e asinada)
Libro de contabilidade da sociedade "Agrupación artística gallega", conservado en formato dixital. Balances de tesourería dende o 01/11/1919 ata o 31/10/1923 (41 follas)
Agrupación artística gallegaLibro de rexistro de socios da sociedade "Agrupación artística gallega", conservado en formato dixital.
Agrupación artística gallegaRegulamento da sociedade "Agrupación artística gallega", conservado en formato dixital e impreso, aprobado o 23/09/1919 (10 páxinas)
Agrupación artística gallegaTríptico co programa da "Primera Semana de Galicia en Luján : días 23, 24 y 25 de octubre de 1987". Colaboran os centros: Asociación Folclórica "Xeito Novo", Centro Arzuano Melidense, Centro Betanzos de Buenos Aires, Ateneo Galaico Argentino, Centro Galicia de Buenos Aires, Centro Gallego de Avellaneda, Centro Gallego de La Plata, Centro Gallego de Rosario, Centro Gallego de Tandil, Grupo Céltico Poitin, Hogar Gallego para Ancianos, Instituto Argentino de Cultura Gallega, Sociedad Tuy y Salceda.
Centro Gallego de Buenos AiresPrograma da actuación musical do barítono galego Antón de Santiago no Salón de Actos do Deportivo de Tlahuac o día 02/10/1988, organizado pola Dirección Xeral de Relacións coas Comunidades Galegas da Xunta de Galicia, a "Fundación Cultural y Social Daniel Suárez" e o "Centro Gallego de México, A. C.", conservado en formato papel.
Centro Gallego de México, A. C.Programa cultural cos actos organizados polo "Centro Gallego de Madrid" para abril de 2002, conservado en formato papel.
Centro Gallego de MadridPrograma da comedia en tres actos "Anacleto se divorcia" de P. Muñoz Seca e P. Pérez Fernández, interpretada polo grupo de teatro "El sofá del camión" da Irmandade A Nosa Galiza, o 02/06/2001, conservado en formato papel.
Irmandade A Nosa GalizaFolleto co programa da "Festa galega : 4º aniversario" organizada pola Irmandade Galega de Sallent para os días 15 e 16 de xuño de 1991, conservado en formato papel.
Irmandade Galega de SallentDíptico co programa de actividades organizadas pola "Agrupación Cultural Gallega Alborada" na XIII Festa galega celebrada en xullo de 2010 en honor a Santiago Apóstol, conservado en formato papel.
Agrupación Cultural Gallega AlboradaPrograma da 1ª mostra en Compostela celebrada pola Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro e co patrocinio da Fundación Sotelo Blanco, conservado en formato papel.
Asociación Cultural Gallega Rosalía de Castro