Unidade documental simple 01 - Balance xeral de tesourería

Open original Obxecto dixital

Área de identidade

Código(s) de referencia

ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-USant-04-02-01

Título

Balance xeral de tesourería

Data(s)

  • 1917-02-06 (Creación)

Nivel de descrición

Unidade documental simple

Extensión e medio

1 Balance xeral de tesourería da Liga Santaballesa

Área de contexto

Nome do creador

(1907-10-07 ata a actualidade)

Historia administrativa

Esta sociedade foi fundada na cidade da Habana por un grupo de emigrantes da comarca da Terra Chá (Lugo) que eran naturais dos concellos de Vilalba, Trasparga, Xermade, Muras, Cospeito e Abadín.
Entre os seus fundadores podemos citar a Manuel Arias, Juan Iglesias, Benigno Paz, Francisco Fernández, Crisanto Leal, Lucas Tenreiro, Aniceto González, Clemente Teniente, Ramón Ladra, Francisco Naveiro, Cosme Sacido, Antonio Paz, Agustín López, P. Vicente Vázquez, Manuel Villares, Jesús Castro, Eduardo Bello, Ramón Hermida, Manuel Seijido, Pedro Castro, Jesús Naseiro, Rosendo Iglesias, Andrés Pena, Francisco Otero, Pedro Castelo, Manuel Eumil, Santiago Prieto, José Hermida, Jesús Leal, Jesús Ledo, Ramón Gato, Ramón Carballido, Angel Yáñez, José Soto, Agustín González, Alejo López, Antonio Bello, Domingo Airado, Manuel González, José Castro, Antonio Pardo, Andrés Varela, Aquilino Soto, José María Balsa, Ramón Arias, José María Fernández, Vicente Iglesias, Manuel Bello, Manuel Naveiro, Andrés Sacido, Lorenzo Naveiro, Federico Ladra, Gabriel Ladra, Ramón Eumil, José Paz e Fermín F. Barro.
Foi creada coa finalidade de construír un colexio onde recibirían ensinanza os naturais das parroquias de Santaballa, Mourence, Vilalba, Lanzós, Lousada, Vilapedre, Burgás, Codesido, Gondaísque, Tardade e Distriz, que pertencían en 1907 aos concellos de Vilalba e Xermade.
No ano 1912 aproban en asemblea o inicio das obras de construción dun edificio que funcionaría como escola en Santaballa para todos os nenos e nenas da parroquia. En 1914 envían, a través de Agustín López, presidente da sociedade Unión Villalbesa, de viaxe por Galicia, a cantidade de 5500 pesetas para iniciar os traballos de construción do edificio; nesta tarefa participaron activamente moitos dos veciños.
Para axilizar as obras organizan unha comisión en Santaballa encargada de vixiar os traballos e o funcionamento das escolas; esta comisión estaba formada por Benito Prieto e Domingo Pérez e acabou convertida nunha delegación da Sociedade co mesmo nome e que aínda existe na actualidade.
En 1915, no lugar de Barreiro, inauguran outro edificio escolar, no que os veciños axudaron coa doazón das vigas e co carrexo da pedra necesaria.
Os edificios da súa propiedade foron sostidos economicamente dende a Habana ata a chegada da República, cando pasan a titularidade municipal.
No ano 1953 a Liga Santaballesa cambia os seus estatutos e pasa a ser unha sociedade de beneficencia e protección mutua, fins que segue a ter na actualidade.

Historia do arquivo

Fonte inmediata de adquisición ou transferencia

Área de contido e estructura

Alcance e contido

1 Balance xeral de tesourería da sociedade "Liga Santaballesa de Educación e Instrucción", conservado en formato dixital:

  • Inventario e balance xeral de tesourería a 6 de febreiro de 1917, no que aparecen o capital pasivo, activo e o líquido (propiedades e cartos en efectivo) que posúe a sociedade. Informe asinado polo tesoureiro, Ramón Gato; o contador e o vicepresidente, Bernardo González. Este documento foi elaborado para ser presentado no Goberno da provincia da Habana, segundo a lei de asociacións e asinado a 7 de febreiro polo gobernador. (2 páxinas)

Valorización, destrucción e programación

Acumulacións

Aberto a novos ingresos

Sistema de arranxo

Área de condicións de acceso e uso

Condicións que rixen o acceso

Consulta en sala para investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria. Documento accesible en liña

Condicións

Permítese a súa reprodución dixital ou reprográfica

Idioma do material

  • Español

Escritura do material

  • latino

Language and script notes

Características físicas e requerimentos técnicos

Para a visualización dos documentos en formato pdf requírese un ordenador, que se pon a disposición dos investigadores.

Instrumentos de descrición

Área de materiais relacionados

Existencia e ubicación de orixinais

O arquivo da propia institución, sito no antigo palacio do Centro Galego da Habana.

Existencia e localización de copias

Arquivo da Emigración Galega - CdC

Unidades de descrición relacionadas

Descricións relacionadas

Área de notas

Identificador(es) alternativo(s)

Puntos de acceso

Puntos de acceso ao lugar

Nome dos puntos de acceso

Genre access points

Área de control da descrición

Identificador da descrición

Identificador da institución

Regras e/ou convencións usadas

NOGADA

Estado de elaboración

Borrador

Nivel de detalle

Parcial

Datas de creación revisión eliminación

Creado por Adriana Cousillas o 23/08/2019
Actualizado por M.ª Teresa García o 4/11/2025

Idioma(s)

  • galego

Escritura(s)

  • latino

Fontes

Obxecto dixital (Master) rights area

Obxecto dixital (Referencia) rights area

Obxecto dixital (Miniatura) rights area

Área de acceso