Área de identidade
Código(s) de referencia
Título
Data(s)
- 1917-1938 (Creación)
Nivel de descrición
Extensión e medio
1 libro de actas
Área de contexto
Nome do creador
Historia administrativa
Esta sociedade foi fundada na cidade da Habana por un grupo de emigrantes da comarca da Terra Chá (Lugo) que eran naturais dos concellos de Vilalba, Trasparga, Xermade, Muras, Cospeito e Abadín.
Entre os seus fundadores podemos citar a Manuel Arias, Juan Iglesias, Benigno Paz, Francisco Fernández, Crisanto Leal, Lucas Tenreiro, Aniceto González, Clemente Teniente, Ramón Ladra, Francisco Naveiro, Cosme Sacido, Antonio Paz, Agustín López, P. Vicente Vázquez, Manuel Villares, Jesús Castro, Eduardo Bello, Ramón Hermida, Manuel Seijido, Pedro Castro, Jesús Naseiro, Rosendo Iglesias, Andrés Pena, Francisco Otero, Pedro Castelo, Manuel Eumil, Santiago Prieto, José Hermida, Jesús Leal, Jesús Ledo, Ramón Gato, Ramón Carballido, Angel Yáñez, José Soto, Agustín González, Alejo López, Antonio Bello, Domingo Airado, Manuel González, José Castro, Antonio Pardo, Andrés Varela, Aquilino Soto, José María Balsa, Ramón Arias, José María Fernández, Vicente Iglesias, Manuel Bello, Manuel Naveiro, Andrés Sacido, Lorenzo Naveiro, Federico Ladra, Gabriel Ladra, Ramón Eumil, José Paz e Fermín F. Barro.
Foi creada coa finalidade de construír un colexio onde recibirían ensinanza os naturais das parroquias de Santaballa, Mourence, Vilalba, Lanzós, Lousada, Vilapedre, Burgás, Codesido, Gondaísque, Tardade e Distriz, que pertencían en 1907 aos concellos de Vilalba e Xermade.
No ano 1912 aproban en asemblea o inicio das obras de construción dun edificio que funcionaría como escola en Santaballa para todos os nenos e nenas da parroquia. En 1914 envían, a través de Agustín López, presidente da sociedade Unión Villalbesa, de viaxe por Galicia, a cantidade de 5500 pesetas para iniciar os traballos de construción do edificio; nesta tarefa participaron activamente moitos dos veciños.
Para axilizar as obras organizan unha comisión en Santaballa encargada de vixiar os traballos e o funcionamento das escolas; esta comisión estaba formada por Benito Prieto e Domingo Pérez e acabou convertida nunha delegación da Sociedade co mesmo nome e que aínda existe na actualidade.
En 1915, no lugar de Barreiro, inauguran outro edificio escolar, no que os veciños axudaron coa doazón das vigas e co carrexo da pedra necesaria.
Os edificios da súa propiedade foron sostidos economicamente dende a Habana ata a chegada da República, cando pasan a titularidade municipal.
No ano 1953 a Liga Santaballesa cambia os seus estatutos e pasa a ser unha sociedade de beneficencia e protección mutua, fins que segue a ter na actualidade.
Repositorio
Historia do arquivo
Fonte inmediata de adquisición ou transferencia
Área de contido e estrutura
Alcance e contido
Libro de Actas das reunións das Xuntas Xerais de Socios da sociedade "Liga Santaballesa de Educación e Instrucción", conservado en formato dixital:
- Libro con 115 actas manuscritas dende o 06/02/1917 ata o 20/12/1938 (315 páxinas): sen dixitalizar as páxinas 296-297
Valorización, destrución e programación
Acumulacións
Aberto a novos ingresos
Sistema de arranxo
Área de condicións de acceso e uso
Condicións que rexen o acceso
Consulta en sala para investigadores e demais persoas interesadas na temática migratoria. Documentación dispoñible en liña
Condicións
Permítese a súa reprodución dixital ou reprográfica
Idioma do material
Español
Escritura do material
latino
Language and script notes
Características físicas e requerimentos técnicos
Para a visualización dos documentos en formato pdf requírese un ordenador, que se pon a disposición dos investigadores.
Instrumentos de descrición
Área de materiais relacionados
Existencia e ubicación de orixinais
A propia institución. O seu arquivo está situado no antigo Palacio do Centro Galego da Habana
Existencia e localización de copias
Arquivo da Emigración Galega - CdC
Unidades de descrición relacionadas
Área de notas
Nota
A primeira acta deste libro leva o nome de "Acta de constitución número 1" sinalando a data de 6 de febreiro de 1917 como data de fundación da entidade. Este feito foi explicado aos socios "Memoria social" publicada en 1923, na súa páxina 18: «Observación importante. Al empezar el año de 1917, notará el que este informe leyere, algo anormal en las actas de Juntas Generales que extractamos. (...) Fue debida a la reforma casi total de los estatutos generales, los cuales fueron considerados y aprobados en todas sus partes en la Junta General extraordinaria celebrada el 9 de enero de 1917. Elevados para su sanción al señor Gobernador Provincial, resultó que, la Sociedad, por falta de incumplimiento de preceptos que la Ley de Asociaciones establece a este objeto, había sido dada de baja en el Registro de Asociaciones que se lleva en el Gobierno Provincial. Hubo, entonces que buscar una fórmula en armonía con los intereses sociales, siendo la más viable, por recomendación de las mismas autoridades, la de constituir nuevamente la Sociedad, cuya constitución se llevó a cabo en la primera parte de la Junta celebrada el día 6 de Febrero de 1917.
Por estas mismas razones, hubo necesidad de hacer varias reformas al reglamento, toda vez que tenía que aparecer como una Sociedad que desea constituirse, cuando ya lo había hecho, como decimos, en 1907».
Todo indica pois que esta acta de constitución foi un "subterfuxio" para solucionar un problema burocrático ante as autoridades cubanas, pero que a data fundacional real foi o 7 de outubro de 1907, tal e como aparece en toda a documentación desta sociedade habaneira.
Identificador(es) alternativo(s)
Puntos de acceso
Lugares
- América » Antillas » Cuba » A Habana
- Europa » España » Galicia » Lugo (Provincia) » Vilalba » Santaballa
Persoas e entidades
Descritores xénero-forma
Área de control da descrición
Identificador da descrición
Identificador da institución
Regras e/ou convencións usadas
NOGADA
Estado de elaboración
Nivel de detalle
Datas de creación revisión eliminación
Creado por Adriana Cousillas o 22/08/2019
Actualizado por Mª. Teresa García Domínguez o 05/11/2025
Idioma(s)
galego
Escritura(s)
latino
