Portugal

Elements area

Taxonomy

Code

Scope note(s)

    Source note(s)

      Display note(s)

        Hierarchical terms

        Portugal

        Portugal

        Equivalent terms

        Portugal

          Associated terms

          Portugal

            51 Archival description results for Portugal

            51 results directly related Exclude narrower terms
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-POR-XuvG-05-05-01-01 · Item · 1965-03-31
            Part of Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Diploma de socio de honor concedido pola Asemblea de socios da entidade a Ramiro Vidal Carrera, socio fundador número 1 e membro das primeiras directivas da sociedade. A distinción foi outorgada na Asemblea xeral de socios celebrada o 31 de marzo de 1965. O diploma está asinado polo presidente da entidade, Domingo Vázquez Vázquez e o secretario, Gabino Castro Gil .

            Untitled
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-POR-XuvG-05-04-03 · Item · 1956-04-00
            Part of Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Programa das actividades organizadas pola entidade para o mes de abril de 1956. O día 1 os socios e socias poderán desfrutar dun festival dedicado ao socio Baldomero Boullosa, con actuacións da orquestra Copacabana e a agrupación coral e artística "Anaquiños da Terra" da sociedade. O día 22 organiza un baile coa orquestra Costa Rica e un concurso de "Jotas e muiñeiras".

            Untitled
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-POR-XuvG-05-04-05 · Item · 1956-06-00
            Part of Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Programa das actividades organizadas pola entidade para o mes de xuño de 1956 baixo o nome de "Festejos de los santos populares". Celebraránse dúas veladas musicais coa orquestra Costa Rica. O día 13, Día de San Antonio ademais da verbena haberá un concurso de versos; e o día 24 celebran a Noite de San Xoán cunha verbena e un concurso de pasodobres.

            Untitled
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-POR-XuvG-05-04-08 · Item · 1956-11-11
            Part of Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Folleto co programa das actividades organizadas pola entidade para conmemorar o seu 48º aniversario fundacional. Ademais da relación dos actos que van ter lugar ese día para os socios tamén hai varias páxinas con información sobre a entidade e fotos dos socios e socias.

            Untitled
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-POR-XuvG-05-04-13 · Item · 1957-03-00
            Part of Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Programa das actividades organizadas pola entidade para celebrar o entroido dese ano. Celebra varios bailes para os socios e socias a cargo da orquestra Porto de Ponteareas. Ademais haberá unha festa infantil de disfraces e un baile de piñata e o enterro da sardiña. O día 20 pechan o entroido coa orquestra Azul.

            Untitled
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-POR-XuvG-05-04-16 · Item · 1958-11-09
            Part of Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Programa das actividades organizadas pola entidade para conmemorar o seu 50º aniversario fundacional. Haberá unha misa, unha visita ao cemiterio para homenaxear aos socios/as falecidos e un acto na sede social baixo a presidencia do Embaixador de España en Portugal no que se entregarán os diplomas honoríficos aos socios con máis de 25 anos de antigüidade na entidade. Despois haberá un baile amenizado pola orquestra Costa Rica. Baile que se repite o día 23.

            Untitled
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-POR-XuvG-05-04-26 · Item · 1960-04-00
            Part of Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Programa das actividades organizadas pola entidade para o mes de abril de 1960. O día 3 celebra un gran baile a cargo da orquestra Costa Rica. O 9 de abril terá lugar unha "Gran Velada Gallega" coa actuación da coral societaria "Anaquiños da Terra" e a representación dunha obra de teatro en galego "Estebiño".

            Untitled
            ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-POR-XuvG-05-07-03-01 · Item · 1926-11-10
            Part of Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

            Publicación editada con motivo da celebración do XVIII aniversario fundacional da entidade. Conta con dedicatorias de persoeiros como o cónsul de España en Lisboa ou a fotografía dedicada do Rei Alfonso XIII. Aparece tamén unha pequena historia da sociedade e algúns poemas dos pais da literatura galega como Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Eduardo Pondal etc.