Santaballa

Área de elementos

Taxonomía

Código

Nota(s) de alcance

    Nota(s) de fonte

    • Nomenclátor

    Nota(s) de despregue

      Termos xerárquicos

      Santaballa

      Santaballa

        Termos equivalentes

        Santaballa

        • UF San Pedro de Santaballa

        Termos asociados

        Santaballa

          51 Descrición arquivística resultados para Santaballa

          51 resultados directamente relacionados Excluír termos específicos
          ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-USant-02-04-01-03 · Unidade documental composta · 1917-1925
          Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

          Documentación fotocopiada e dixitalizada:

          1 pdf con documentación relativa á contratación dos profesores do Colexio da Liga Santaballesa:

          • 1 exame coas preguntas da oposición á escola Liga Santaballesa (26 de setembro de 1917) (documento manuscrito). (1 páxina)
          • 2 recibís do pago do soldo dos mestres do colexio Liga Santaballesa: 1 da mestra auxiliar Josefa Fernández de Pernas, que cobra a anualidade do curso 1924-25 (550 pesetas) (documento manuscrito e asinado o 2 de maio de 1925) e outro recibí do profesor por impartir clases o mes de abril (200 pesetas) (mecanografado e asinado o 30 de abril de 1925).

          Documentación en formato papel e fotocopiada:

          • Corrrespondencia do mestre coa Xunta administrativa e coa sociedade habaneira
          • Varios inventarios dos útiles e libros das escolas
          • Listados alumnos das escolas
          • Documentación dos mestres das escolas financiadas pola Liga: solicitudes laborais, nomeamentos, soldos, facturas etc.
          Liga Santaballesa de Educación e Instrucción
          ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-USant-03-02-03-08 · Unidade documental simple · 1930-07-01
          Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

          1 Relación de asociados da Liga Santaballesa de Educación e Instrucción conservada en formato papel (fotocopias) e dixitalizada:

          • 1 Lista de asociados mecanografada feita a comezos de xullo de 1930. No censo aparecen o nome e apelidos dos socios, o número de inscrición e o enderezo do seu domicilio. En total a entidade conta con 132 socios (con dous nomes escritos a man) (6 páxinas).
          Liga Santaballesa de Educación e Instrucción
          ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-USant-03-02-03-06 · Unidade documental simple · 1927-12-31
          Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

          1 Relación de asociados da Liga Santaballesa de Educación e Instrucción conservada en formato papel (fotocopias) e dixitalizada:

          • 1 Censo de asociados a 31 de decembro de 1927 certificado polo secretario da entidade habaneira, Manuel González. Lista mecanografada na que consta o nome e apelidos do socio, o número de inscrición e o seu domicilio na Habana, ademais do tipo de pago da cota social (anual). Inclúe tamén os 6 socios ingresados nos primeiros días de xaneiro de 1928, en total 188 asociados (3 páxinas).
          Liga Santaballesa de Educación e Instrucción
          ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-USant-03-02-03-07 · Unidade documental simple · 1928-12-31
          Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

          1 Relación de asociados da Liga Santaballesa de Educación e Instrucción conservada en formato papel (fotocopias) e dixitalizada:

          • 1 Lista de asociados mecanografada no ano 1928 elaborada polo secretario da entidade habaneira, Rosendo Arias Naseiro (con sinatura). No censo aparecen só os socios que están ao día no pago das cotas sociais. Consta o seu nome e apelidos, número de inscrición, o enderezo do seu domicilio na Habana e o tipo de pago da cota (anual ou trimestral). En total a entidade conta con 154 socios en decembro de 1928 (3 páxinas).
          Liga Santaballesa de Educación e Instrucción
          ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-USant-02-04-01-04 · Unidade documental simple · 1959-10-01
          Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

          Copia do borrador do contrato de compravenda do edificio escolar Liga Santaballesa:

          • Documento mecanografado no que consta a compravenda do edificio escolar polos membros do Padroado para continuar coas tarefas educativas do mesmo. Este documento de compravenda servirá para facer efectivo o cambio de propietarios que xa fora aprobado pola Liga Santaballesa había varios anos. Prezo de venda: 10.000 pesetas (2 páxinas dixitalizadas)
          Liga Santaballesa de Educación e Instrucción
          ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-USant-02-02-03-02 · Unidade documental simple · 1907-10-12
          Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

          Bases e Regulamento xeral da sociedade "Liga Santaballesa de Educación e Instrucción" (copia dixitalizada da publicación):

          • Regulamento xeral da sociedade redactado por unha comisión nomeada en xunta xeral de socios integrada por: José Paz López, Fermín Fraga Barro, Pedro Castro Bello, José Soto Cuba, Agustín López, Cosme Sacido, José Hermida, Ramón Ladra, Pedro Vicente Vázquez, Santiago Prieto Rego, Manuel Eimil Ladra, Francisco Naseiro, Clemente Teniente e Domingo Airado. As bases regulamentarias da nova sociedade foron aprobadas o 15/09/1907. (Copia dixitalizada) (50 páxinas)
          Liga Santaballesa de Educación e Instrucción
          Balance xeral de tesourería
          ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-USant-04-02-02 · Unidade documental simple · 1968-01-01
          Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

          1 Balance xeral de tesourería da sociedade "Liga Santaballesa de Educación e Instrucción", conservado en formato impreso (fotocopia) e dixitalizado:

          • Balance xeral de tesourería a 31 de xaneiro de 1968, no que aparecen os ingresos, egresos e gastos xerais da sociedade habaneira. Informe elaborado polo tesoureiro, Brindis García López (sen asinar, copia) (1 páxina mecanografada)
          Liga Santaballesa de Educación e Instrucción
          Balance xeral de tesourería
          ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-USant-04-02-01 · Unidade documental simple · 1917-02-06
          Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

          1 Balance xeral de tesourería da sociedade "Liga Santaballesa de Educación e Instrucción", conservado en formato dixital:

          • Inventario e balance xeral de tesourería a 6 de febreiro de 1917, no que aparecen o capital pasivo, activo e o líquido (propiedades e cartos en efectivo) que posúe a sociedade. Informe asinado polo tesoureiro, Ramón Gato; o contador e o vicepresidente, Bernardo González. Este documento foi elaborado para ser presentado no Goberno da provincia da Habana, segundo a lei de asociacións e asinado a 7 de febreiro polo gobernador. (2 páxinas)
          Liga Santaballesa de Educación e Instrucción
          ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-USant-02-01-01-04 · Unidade documental composta · 1952-1954
          Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

          PDF con 4 Actas de reunións da Xunta Directiva da sociedade "Liga Santaballesa de Educación e Instrucción", conservado en formato dixital e fotocopia:

          • 4 actas mecanografadas das varias reunións: do 12/11/1952, do 10/12/1952; do 14/01/1953 e do 8/12/1954 (4 páxinas)
          Liga Santaballesa de Educación e Instrucción
          Acta de constitución da sociedade
          ES. GA 15078 ACCG AEG-01-AE-CU-USant-01-01 · Unidade documental simple · 1907-10-07
          Parte de Fondos do Arquivo da Emigración Galega (AEG)

          Documentación constitutiva da sociedade "Liga Santaballesa de Educación e Instrucción", conservada en formato dixital e impreso:

          • Acta de constitución do 07/10/1907 certificada polo secretario da entidade, Fermín Fraga Barro para inscribir á sociedade no Registro de Asociaciones de Cuba. Asinadas polo secretario e o presidente da Liga Santaballesa e refrendada polo gobernador provincial da Habana (6 páxinas mecanografadas)
          Liga Santaballesa de Educación e Instrucción